Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 02 de abril de 2001 Páx. 4.192

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2001, da Subdirección Xeral de Estradas, pola que se somete a información pública o proxecto de trazado e o estudio de impacto ambiental dunha ponte en Vilamartín de Valdeorras. (Clave OU/01/7.1).

Aprobado provisionalmente, por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, con data do 19 de febreiro de 2001, o proxecto de trazado dunha ponte en Vilamartín de Valdeorras. Clave: OU/01/7.1, sométese ó trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, co fin de que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito ante o Servicio Provincial de Estradas de Ourense as observacións que crean convenientes, de acordo co establecido no artigo 15.1º da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, sinalándose que o citado proxecto de trazado se pode examinar durante o dito período, en horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas, no Servicio Provincial de Estradas de Ourense e no Concello de Vilamartín de Valdeorras.

Así mesmo, sométese ó trámite de información pública o estudio de impacto ambiental do mencionado proxecto de trazado durante o prazo de trinta días hábiles a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia e no Real decreto lei 9/2000, do 6 de outubro, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación do impacto ambiental; estarán expostas ó público para este efecto no Servicio Provincial de Estradas de Ourense, na Dirección Xeral de Obras Públicas e no Concello de Vilamartín de Valdeorras.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2001.

Gerardo Pallares Sánchez

Subdirector xeral de Estradas