Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 02 de abril de 2001 Páx. 4.122

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 312/2000, do 28 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Economía e Facenda.

Polo Real decreto 1748/1999, do 19 de novembro, foron transferidas á Comunidade Autónoma de Galicia as competencias en materia de seguros, sendo asumidas pola Consellería de Economía e Facenda segundo o disposto polo Decreto 321/1999, do 16 de decembro, a través da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.

Esta soa circunstancia xustificaría a adaptación da estructura orgánica da dita consellería á nova realidade. Nembargantes, a experiencia derivada da actividade administrativa dos últimos anos motiva que neste decreto se realice tamén, de acordo cos criterios de eficacia e de economía que sempre deben presidi-la actuación e a organización administrativas, unha nova distribución de funcións noutras áreas.

A nova estructura recollida neste decreto, nas súas liñas xerais, permitirá o reforzamento das actuacións de investigación patrimonial así como o control do uso dos bens inmobles adscritos ás consellerías porparte da Secretaría Xeral e do Patrimonio. Tamén se intensifican as actuacións de auditoría e control financeiro por parte da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, profundando no seguimento das recomendacións contidas nos informes emitidos polos órganos que realizan o control externo e redistribuíndose o exercicio da función interventora e control financeiro sobre os organismos autónomos e demais entidades da Administración institucional da Comunidade Autónoma. O referido traspaso de competencias motiva a modificación da estructura da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro para permiti-lo exercicio das funcións de supervisión e inspección das entidades e mediadores de seguros. Finalmente, redistribúense as funcións en materia de planificación económica

intensificando a súa coordinación coa política orzamentaria da Xunta e as axudas e fondos europeos.

De acordo co exposto, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, tralos informes favorables das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Economía e Facenda, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteoito de decembro de dous mil,

DISPOÑO:

Artigo 1º

A Consellería de Economía e Facenda é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ó que lle corresponden as competencias e funcións que en materia de economía e facenda se establecen no Estatuto de autonomía.

Artigo 2º

1. Para o desempeño das súas funcións, a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia estructúrase nos seguintes órganos:

I. Conselleiro.

II. Secretaría Xeral e do Patrimonio.

III. Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

IV. Dirección Xeral de Tributos.

V. Dirección Xeral de Orzamentos.

VI. Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.

VII. Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios.

VIII. Delegacións territoriais.

IX. Órganos colexiados.

2. Adscríbense á Consellería de Economía e Facenda as seguintes entidades:

-O Instituto Galego de Estatística, organismo autónomo, axustarase, en canto ós seus fins, estructura e funcionamento, ó previsto na Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia; na Lei 7/1993, do 24 de maio, de modificación da anterior, e nas demais normas que as desenvolven.

-O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), ente de dereito público, adscrito á Consellería de Economía e Facenda, axustarase en canto ós seus fins á Lei 5/1992, do 10 de xuño.

-O Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), ente de dereito público, creado pola disposición adicional quinta da Lei 2/1998, do 8 de abril.

-A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, ente de dereito publico, creada pola disposición adicional sexta da Lei 5/2000, do 28 de decembro.

I. O conselleiro.

Artigo 3º

O conselleiro é a autoridade superior da consellería e con tal carácter está investido das atribucións que lle confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente.

II. A Secretaría Xeral e do Patrimonio.

Artigo 4º

1. Á Secretaría Xeral e do Patrimonio correspóndelle as competencias seguintes:

a) As establecidas no Decreto 119/1982, do 5 de outubro, así como aquelas que lle sexan encomendadas por delegación do titular da consellería.

b) O exercicio das competencias que as normas reguladoras do patrimonio da Comunidade Autónoma lle atribúen á Consellería de Economía e Facenda.

2. Para o exercicio das súas funcións, a Secretaría Xeral e do Patrimonio estructúrase nas seguintes unidades:

2.1. A Vicesecretaría Xeral Técnica, con nivel orgánico de subdirección xeral, que exercerá as seguintes funcións:

a) Prestar asistencia ó secretario xeral e do Patrimonio en cantos asuntos este lle encomende para a coordinación dos servicios.

b) Coordina-la elaboración do anteproxecto de orzamentos da consellería, propoñe-las actuacións concernentes ó réxime interno dos servicios da consellería e cantas disposicións afecten o seu funcionamento.

c) As actuacións en materia de acción social que teña atribuídas a Consellería de Economía e Facenda.

Para iso contará coas seguintes unidades con nivel orgánico de servicio:

2.1.1. O Servicio de Xestión de Persoal.

Exercerá as funcións de xestión, control e coordinación de persoal dos servicios centrais e das delegacións da consellería e programará as necesidades do persoal funcionario e non funcionario dela.

2.1.2. O Servicio de Xestión Económica e Control Orzamentario.

Levará a cabo o seguimento e maila coordinación da execución orzamentaria e da contratación administrativa.

2.1.3. O Servicio de Réxime Interior.

Será o responsable do funcionamento do rexistro xeral da consellería e o encargado da organización e estructuración da biblioteca e arquivos e, en xeral, de cantos outros asuntos lle sexan encomendados en materia de funcionamento dos servicios.

2.2. A Subdirección Xeral do Patrimonio da Comunidade Autónoma, que exercerá as seguintes funcións:

a) A proposta das directrices no tráfico xurídico dos bens patrimoniais da Comunidade Autónoma e na forma de utilización dos bens de dominio público, así como a coordinación da xestión de tódolos asuntos concernentes á administración e ó tráfico dos ditos bens.

b) A proposta de deseño e configuración do sector público empresarial da Comunidade Autónoma e a confección dos programas de participación en entidades mercantís.

c) O control dos ingresos e rendementos que lle proporcione á Comunidade Autónoma o seu patrimonio, sen prexuízo das competencias que lle poidan corresponder a outros centros directivos da consellería.

Para isto contará coas seguintes unidades con nivel orgánico de servicio:

2.2.1. O Servicio Técnico de Inventario.

Exercerá as seguintes funcións:

a) Formación, actualización, valoración e mantemento do inventario xeral de bens e dereitos que integran o patrimonio da Comunidade Autónoma.

b) Emisión de valoracións, dictames e informes facultativos de natureza mobiliaria ou inmobiliaria.

c) Investigación e deslindamento dos bens inmobles que integran o patrimonio da Comunidade Autónoma.

2.2.2. O Servicio de Investigación Patrimonial e Obras.

Exercerá as seguintes funcións:

a) A realización de traballos facultativos propios das obras de construcción, reforma, conservación e reparación dos edificios adscritos á Consellería de Economía e Facenda e daqueloutros que lle encomende a Secretaría Xeral e do Patrimonio; o seguimento e a dirección das obras que realice a Consellería de Economía e Facenda; a recolla periódica de información sobre o parque edificado, tanto da que non se dispoña no momento da recepción como daquela xa reflectida que sexa preciso actualizar e, en particular, a referente ó estado de conservación, sistemas de seguridade e axeitamento á normativa vixente dos edificios.

b) O control e inspección dos usos pola propia Administración dos bens inmobles e dereitos sobre eles tanto demaniais como patrimoniais, en propiedade ou alugados, adscritos ás diversas consellerías ou organismos públicos; a comprobación do correcto exercicio das facultades de conservación dos inmobles atribuídas na adscrición e da conformidade do uso e desfrute que se fai deles cos fins previstos nas resolucións de afectación; a elaboración de propostas para a mellor aplicación dos bens e dereitos da Comunidade Autónoma, sobre as distribucións e aproveitamento de espacios, así como para a resolución de conflictos entre consellerías sobre a distribución dos espacios adscritos; o seguimento do cumprimento das condicións impostas nas cesións de bens a terceiros.

2.2.3. O Servicio de Administración e Xestión Patrimonial.

Exercerá as seguintes funcións:

a) Coordinación, control e inspección dos bens e dereitos de dominio público; administración, xestión, control e inspección dos bens e dereitos patrimoniais que integren o patrimonio da Comunidade Autónoma, así como a súa inscrición.

b) A tramitación dos expedientes de afectación, desafectación, mutación demanial e adscrición dos bens e dereitos demaniais e a dos de alleamento

e adquisición, por calquera título, de bens e dereitos patrimoniais e outros negocios xurídicos sobre eles.

c) Control e inspección dos bens e dereitos demaniais e patrimoniais, das súas formas de utilización e explotación e tramitación dos expedientes de defensa extraxudicial do patrimonio da Comunidade Autónoma.

d) Elaboración de estudios, dictames e informes en materia patrimonial, en relación coa tramitación dos expedientes sinalados nos puntos anteriores.

2.2.4. O Servicio de Administración Empresarial.

Exercerá as seguintes funcións:

a) Xestión, tramitación, administración, conservación e elaboración das propostas de adquisición ou alleamento dos títulos representativos da participación da Comunidade Autónoma no capital das sociedades públicas ou participadas e das dos organismos autónomos.

b) Proposición das instruccións que lles deberá cursa-la Secretaría Xeral e do Patrimonio ós representantes do capital autonómico nos órganos sociais de goberno das ditas entidades mercantís.

2.2.5. O Servicio de Xestión de Riscos e Seguros.

Exercerá as seguintes funcións:

a) Análise e valoración de riscos que poidan ameaza-los distintos bens e dereitos que integren o patrimonio da Comunidade Autónoma, así como dos riscos non cubertos polos sistemas da Seguridade Social que afecten a integridade física ou o patrimonio das persoas ó servicio de órganos e entes da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia sometidos na súa actuación ó dereito público para os que a garantía a cargo da Administración veña esixida convencional ou legalmente. Con tal fin realizará os estudios e plans dirixidos á prevención, control, xestión, supresión, minorización, retención, traslación ou cobertura externa dos diversos riscos, así como a garantía destes mediante a aplicación de técnicas actuariais ou a contratación de seguros privados.

b) Coordinación das informacións necesarias relativas ós riscos asegurados, establecendo unha base de datos de sinistralidade válida para a toma de decisións.

c) Elaboración e difusión de manuais de prevención e tramitación de sinistros entre as distintas consellerías e organismos autónomos.

d) Centralización da xestión da contratación de seguros privados para a obtención de economías de escala.

2.3. O Servicio Técnico Xurídico.

Baixo a dependencia directa do secretario xeral e do Patrimonio, exercerá as seguintes funcións:

a) O informe e a tramitación de tódolos proxectos de disposición de carácter xeral que elaboren os

distintos centros directivos da consellería, das compilacións e refundicións de normas e das publicacións e, en xeral, de todos aqueles asuntos que por razón da súa competencia lle sexan encomendados pola Secretaría Xeral e do Patrimonio.

b) O estudio e a tramitación dos recursos presentados contra os actos emanados da consellería cando a súa resolución non estea atribuída a outro órgano por disposición legal, así como a preparación e o informe dos asuntos que se teñan que elevar ó Consello da Xunta de Galicia e o traslado dos seus acordos.

c) A coordinación da publicación de toda clase de disposicións e actos administrativos dictados polos órganos da consellería que deban ser publicados no Diario Oficial de Galicia.

3. Integradas organicamente na Secretaría Xeral e do Patrimonio, con nivel orgánico de subdirección xeral, existirán as seguintes unidades:

a) A Asesoría Xurídica.

b) A Intervención Delegada.

c) Con dependencia funcional do conselleiro de Economía e Facenda, a Inspección de Servicios, con categoría de subdirección xeral, realizará o estudio, a análise e o informe sobre o funcionamento dos servicios da consellería, propoñendo directrices, métodos e medidas encamiñadas á mellora do seu funcionamento, e todo iso sen prexuízo das competencias que lle corresponden á Inspección Xeral de Servicios da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Para o desenvolvemento das súas funcións contará co Servicio de Métodos e Inspección.

III. A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

Artigo 5º

1. Correspóndenlle á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia as seguintes competencias:

a) Efectua-lo control interno da actividade económico-financeira da Comunidade Autónoma de Galicia, mediante o exercicio da función interventora e do control financeiro na forma e co contido previstos no capítulo I do título V da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

b) A dirección e xestión da contabilidade pública na forma e co contido previstos nos capítulos II e III do título V da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e na Orde do 1 de decembro de 1989, pola que se implanta un novo sistema de información contable na Administración da Xunta de Galicia.

c) A xestión da información económico-financeira e formulación de informes e propostas de actuación derivadas do exercicio das súas funcións contables e de control.

d) O exercicio das demais funcións que ó devandito órgano lle asigna a lei e demais normativa de aplicación.

2. A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma desenvolverá as funcións que son propias da súa competencia por si mesma ou a través dos seguintes órganos:

2.1. As intervencións delegadas en cada consellería.

2.2. As intervencións delegadas nos organismos autónomos, sociedades e noutros entes públicos da Comunidade Autónoma.

2.3. As intervencións territoriais delegadas nas administracións territoriais da Comunidade Autónoma.

3. Son competencia exclusiva da Intervención Xeral, sen prexuízo, se é o caso, da súa delegación:

a) A fiscalización previa dos gastos seguintes:

-Os de contía indeterminada.

-Os que deben ser aprobados polo Consello da Xunta de Galicia ou afecten a máis dunha consellería.

-Aqueles que deban ser sometidos a informe da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia ou doutro alto órgano consultivo.

b) A facultade de avoca-la intervención crítica ou a fiscalización previa de calquera acto ou expediente.

c) O nomeamento de representantes da Intervención Xeral así como a designación de funcionarios asesores para a comprobación material das cantidades destinadas a obras, subministracións, adquisicións e servicios, de conformidade coa normativa aplicable en cada caso.

4. Da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma dependerán os seguintes órganos:

4.1. A Subdirección Xeral de Fiscalización e Control Interno.

Exercerá as funcións seguintes:

a) Formular propostas de fiscalización previa de tódolos actos da Administración que sexan competencia do interventor xeral da Comunidade Autónoma.

b) Efectua-los nomeamentos que procedan, para a designación de delegados da Intervención Xeral nas mesas de contratación.

c) O estudio e a proposta de resolución das discrepancias.

d) Prepara-los recursos e reclamacións que a Intervención Xeral teña que presentar, así como coñecer dos que interpoñan as intervencións delegadas.

e) Reclamar de quen corresponda, por delegación do interventor xeral, os asesoramentos xurídicos ou os informes técnicos que considere necesarios para o exercicio das funcións encomendadas.

f) Exerce-las funcións que en relación á fiscalización previa limitada lle outorga a Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e de conformidade coas súas instruccións.

g) Substituí-lo interventor xeral en casos de ausencia, enfermidade ou vacante.

Da Subdirección Xeral de Fiscalización e Control Interno dependerán:

4.1.1. O Servicio de Fiscalización e Xestión.

Exercerá as seguintes funcións:

a) Formular proposta de informes de fiscalización previa.

b) Estudio e proposta de resolución das discrepancias que se susciten como consecuencia do exercicio da función fiscalizadora.

c) Estudio e proposta sobre os recursos e reclamacións nos supostos recollidos nas disposicións vixentes.

d) Estudio e proposición de informes en relación coa fiscalización previa limitada.

4.1.2. O Servicio de Control Interno:

Exercerá as seguintes funcións:

a) Elaboración de normas e instruccións para o exercicio do control posterior na función interventora de fiscalización previa limitada e por mostraxe.

b) Estudio e coordinación dos informes de control posterior da fiscalización previa limitada.

c) Estudio e seguimento das actuacións en materia de fiscalización por mostraxe.

e) Elaboración de informes unificados das intervencións delegadas en relación cos puntos anteriores para a súa integración.

4.2. A Subdirección Xeral de Contabilidade.

Exercerá as funcións seguintes:

a) Levar e desenvolve-la contabilidade financeira ou externa da Administración da Xunta de Galicia.

b) Contabilizar todas aquelas operacións que, dada a súa natureza específica, non teñan que ser rexistradas nalgunha das oficinas contables que conforman a organización contable da Administración da Xunta de Galicia.

c) Agregar e integra-la información deducida da contabilidade das demais oficinas contables.

d) Preparar e examina-las contas a que se refire o artigo 118.1 a), b) e c) da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, que a Intervención Xeral lle deba render ó Consello de Contas de Galicia e, se é o caso, ó Tribunal de Contas, así como formula-las observacións que se consideren necesarias.

e) Prepara-la información que teña que remitirse ó Parlamento de Galicia.

f) Requiri-las contas, estados e outros documentos que deban renderse a través da Intervención Xeral.

g) Elabora-la información estatístico-contable que emita o centro.

h) Elaborar e subministra-la información contable que os órganos de dirección da Xunta de Galicia precisen.

i) Prepara-las posibles modificacións e adaptacións do Plan Xeral de Contabilidade Pública para a Administración da Comunidade Autónoma e elabora-los plans parciais ou especiais conforme o devandito plan.

j) Organiza-la contabilidade en cantos centros, servicios e dependencias sexa necesario.

k) Asesorar e propo-la emisión de dictames en materia contable, en todo o que corresponde á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, como centro directivo da contabilidade pública de Galicia.

Da Subdirección Xeral de Contabilidade dependerán os servicios seguintes:

4.2.1. Servicio de Planificación e Xestión Contable.

Exercerá as seguintes funcións:

a) Levar e desenvolve-la contabilidade financeira ou externa da Xunta de Galicia.

b) Contabilizar todas aquelas operacións que, dada a súa natureza específica, non teñan que ser rexistradas nalgunha das oficinas contables que conforman a organización contable da Administración da Xunta de Galicia.

c) Prepara-las posibles modificacións e adaptacións do Plan Xeral de Contabilidade Pública para a Administración da Comunidade Autónoma e elabora-los plans parciais ou especiais conforme o devandito plan.

d) Organiza-la contabilidade en cantos centros, servicios e dependencias sexa necesario.

e) Asesorar e propo-la emisión de dictames en materia contable, en todo o que corresponde á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, como centro directivo da contabilidade pública de Galicia.

f) A explotación do sistema de información contable, a concesión de autorizacións para o seu uso, así como o establecemento e a modificación das táboas do sistema.

g) O deseño, desenvolvemento e implantación de novos subsistemas.

4.2.2. Servicio de Contas e Análises Financeiras.

Exercerá as seguintes funcións:

a) Agregar e integra-la información deducida da contabilidade das demais oficinas contables.

b) Preparar e examina-las contas a que se refire o artigo 118.1 a), b) e c) da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, que a Intervención Xeral lle deba render ó Consello de Contas de Galicia

e, se é o caso, ó Tribunal de Contas, así como formula-las observacións que se consideren necesarias.

c) Requiri-las contas, estados e outros documentos que deban renderse a través da Intervención Xeral.

d) Elabora-la información estatístico-contable que emita o centro.

e) Elaborar e subministra-la información contable que os órganos de dirección da Xunta de Galicia precisen.

4.3. A Subdirección Xeral de Control Financeiro da Administración da Comunidade Autónoma.

Exercerá as seguintes funcións:

a) O control financeiro no ámbito da Administración da Comunidade Autónoma por razón de subvencións, créditos, avais e demais axudas concedidas con cargo ós orzamentos xerais da comunidade.

b) Estudio e proposta do plan de auditorías, con detalle das que se vaian realizar cada ano.

c) Estudio e proposta de informe daquelas actuacións de control financeiro ordinario dos organismos autónomos en que así se determine.

d) Coordinar, de conformidade coas instruccións emitidas pola Intervención Xeral, os informes que se deriven das actuacións de control financeiro.

e) Propoñer normas ou instruccións que sexan necesarias para o exercicio do control financeiro no ámbito da Administración da Comunidade Autónoma.

Da Subdirección Xeral de Control Financeiro da Administración da Comunidade Autónoma dependerán:

4.3.1. O Servicio de Control Financeiro de Operacións Correntes.

Exercerá as seguintes funcións:

a) Elaborar informes que sirvan de base a propostas de emisión de normas ou instruccións en relación co control financeiro.

b) Estudio e desenvolvemento dos traballos previos precisos para elabora-la proposta do Plan de Auditorías no relativo ás operacións correntes.

c) Realiza-los traballos necesarios para procurar unha axeitada coordinación dos informes que se deriven destas actuacións de control financeiro.

d) Realiza-los traballos conducentes á proposta de informe dos controis financeiros correspondentes.

4.3.2. O Servicio de Control Financeiro de Operacións de Capital.

Exercerá as seguintes funcións:

a) Elaborar informes que sirvan de base a propostas de emisión de normas ou instruccións en relación co control financeiro.

b) Estudio e desenvolvemento dos traballos previos precisos para elabora-la proposta do Plan de Auditorías no relativo ás operacións de capital.

c) Realiza-los traballos necesarios para procurar unha axeitada coordinación dos informes que se deriven destas actuacións de control financeiro.

d) Realiza-los traballos conducentes á proposta de informe dos controis financeiros correspondentes.

4.4. A Subdirección Xeral de Control Financeiro de Sociedades Públicas Autonómicas.

Exercerá as seguintes funcións:

a) O control financeiro no ámbito das sociedades públicas autonómicas a que se refire o artigo 12 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e aqueloutras asimiladas, por razón da actividade que realizan.

b) Estudio e proposta do plan de auditorías, con detalle das que se vaian realizar cada ano.

c) Estudio e proposta de informe daquelas actuacións de control financeiro ordinario das sociedades públicas autonómicas, nas que así se determine.

d) Coordinar, de conformidade coas instruccións emitidas pola Intervención Xeral, os informes que se deriven das actuacións de control financeiro.

e) Propoñer normas ou instruccións que sexan necesarias para o exercicio do control financeiro no ámbito das sociedades públicas autonómicas ou asimiladas ás que se refire o artigo 12 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

f) Preparar e examina-las contas a que se refire o artigo 118.1 d) da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, que a Intervención Xeral lle deba render ó Consello de Contas de Galicia e, se é o caso, ó Tribunal de Contas, así como formula-las observacións que se consideren necesarias.

Da Subdirección Xeral de Control Financeiro de Sociedades Públicas Autonómicas dependerán:

4.4.1. O Servicio de Control Financeiro de Sociedades Mercantís.

Exercerá as seguintes funcións:

a) Elaborar informes que sirvan de base a propostas de emisión de normas ou instruccións en relación con este control financeiro.

b) Estudio e desenvolvemento dos traballos previos precisos para elabora-la proposta do Plan de Auditorías no relativo ás sociedades mercantís.

c) Realiza-los traballos necesarios para procurar unha axeitada coordinación dos informes que se deriven destas actuacións de control financeiro.

d) Realiza-los traballos conducentes á proposta de informe dos controis financeiros correspondentes.

e) Preparar e examina-las contas das sociedades mercantís a que se refire o artigo 118.1 d) da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, que a Intervención Xeral deba render ó Consello de Contas de Galicia e, se é o caso, ó Tribunal de Contas, así como formula-las observacións que se consideren necesarias.

4.4.2. O Servicio de Control Financeiro de Entes Públicos e Asimilados.

Exercerá as seguintes funcións:

a) Elaborar informes que sirvan de base a propostas de emisión de normas ou instruccións en relación con este control financeiro.

b) Estudio e desenvolvemento dos traballos previos precisos para elabora-la proposta do Plan de Auditorías no relativo ós entes públicos e asimilados.

c) Realiza-los traballos necesarios para procurar unha axeitada coordinación dos informes que se deriven destas actuacións de control financeiro.

d) Realiza-los traballos conducentes á proposta de informe dos controis financeiros correspondentes.

e) Preparar e examina-las contas dos entes públicos e asimilados a que se refire o artigo 118.1 d) da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, que a Intervención Xeral deba render ó Consello de Contas de Galicia e, se é o caso, ó Tribunal de Contas, así como formula-las observacións que se consideren necesarias.

4.5. A Subdirección Xeral de Coordinación e Relacións co Consello de Contas.

Exercerá as seguintes funcións:

a) A coordinación das subdireccións xerais da Intervención Xeral con competencias en materia de control financeiro.

b) A coordinación da Subdirección Xeral de Contabilidade e da Subdirección Xeral de Fiscalización e Control Interno nas materias que lle correspondan respecto ás relacións cos órganos estatutarios e doutras administracións.

c) As propostas correspondentes para o desenvolvemento e actualización dos sistemas de información dedicados a lles dar servicio no exercicio das súas funcións á Dirección Xeral de Orzamentos, á Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro e á Dirección Xeral de Tributos.

d) A coordinación fiscal e contable entre as distintas intervencións delegadas e/ou territoriais delegadas.

e) O estudio e as propostas de homoxeneización de normas e criterios aplicables nas distintas intervencións.

f) Coordinar e prepara-la información que teña que remitirse ó Parlamento de Galicia, ó Consello de Contas e, se é o caso, ó Tribunal de Contas e ós órganos estatutarios ou a outras administracións públicas.

g) Verifica-lo seguimento dos informes emitidos polo Consello de Contas ou outros organismos no exercicio das súas funcións de control na esfera da Administración autonómica e elabora-las propostas de actuación que se deriven deles ou do exercicio do control interno.

Da Subdirección Xeral de Coordinación e Relacións co Consello de Contas dependerá:

4.5.1. O Servicio de Relacións co Consello de Contas:

Exercerá as seguintes funcións:

a) Prepara-la información que teña que remitirse ó Parlamento de Galicia, ó Consello de Contas e, se é o caso, ó Tribunal de Contas e ós órganos estatutarios ou a outras administracións públicas.

b) Realiza-los traballos necesarios para o seguimento dos informes emitidos polos órganos ós que se refire o punto anterior no exercicio das súas funcións de control.

c) Estudio e análise dos informes emitidos polo Consello de Contas para fundamentar as propostas de actuación administrativa que deles se deriven.

d) Realiza-los traballos conducentes á elaboración das propostas de actuación administrativa.

e) Realiza-los traballos necesarios para procurar a coordinación dos órganos integrados ou dependentes da Intervención Xeral.

4.6. As intervencións delegadas nas consellerías.

4.6.1. En tódalas consellerías, con nivel orgánico de subdirección xeral, existirá unha intervención delegada integrada organicamente nas secretarías xerais, que exercerán, baixo a dependencia funcional da Intervención Xeral e xerárquica do conselleiro de Economía e Facenda, as seguintes funcións, agás no caso en que lles estean expresamente atribuídas ó interventor xeral ou ós interventores territoriais delegados nas administracións territoriais da Comunidade Autónoma:

a) A fiscalización previa de todo acto, documento ou expediente susceptible de xerar compromiso de gastos ou recoñecemento de obrigas, dictados polos órganos competentes.

b) A fiscalización previa de todo acto, documento ou expediente susceptible de producir dereitos económicos que se orixinen como consecuencia de actos de xestión da consellería, así como da realización respecto a eles das actuacións comprobatorias posteriores que se determinen de conformidade co disposto no artigo 97.6º da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

c) A emisión de informes preceptivos nos supostos de omisión de fiscalización previa.

d) O exercicio das funcións de control financeiro que, se é o caso, lle asigne a Intervención Xeral.

e) A interposición de recursos e reclamacións e a emisión dos informes previstos nas disposicións vixentes.

f) Solicitar dos órganos competentes o asesoramento xurídico ou os informes técnicos que se precisen en función da natureza dos actos.

g) O control dos fondos librados en firme ou para xustificar a favor dos diversos órganos da consellería, así como exame e censura das respectivas contas.

h) Levar e desenvolve-la contabilidade do orzamento de gastos que se xestione na consellería ata a fase de proposta de pagamento.

i) Forma-los estados e anexos que se deban render ó Consello de Contas de Galicia e, se é o caso, ó Tribunal de Contas.

4.6.2. A Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda, ademais das súas funcións propias como intervención delegada, exercerá as seguintes:

a) A intervención formal da ordenación do pagamento e a intervención material de ingresos e pagamentos propostos e/ou realizados pola Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.

b) O seguimento do orzamento de gastos dos órganos institucionais da Comunidade Autónoma, sempre que os ditos órganos non teñan as súas propias oficinas contables.

c) A modificación de contratos de alugueiro e a revisión das súas rendas.

4.6.3. As intervencións delegadas de tódalas consellerías contarán cun Servicio de Fiscalización e Contabilidade.

Os interventores delegados poderán ser asistidos por interventores adxuntos ou habilitados.

4.7. A Intervención Delegada da Administración Institucional.

Exercerá as seguintes funcións:

a) O exercicio da función interventora nos organismos autónomos e demais entidades da Administración institucional da Comunidade Autónoma nos que non estea establecido que deba ser exercida por outro órgano, nos termos que determine a Intervención Xeral.

b) O exercicio do control financeiro no ámbito dos organismos autónomos e demais entidades da Administración institucional da Comunidade Autónoma nos que non estea establecido que deba ser exercido por outro órgano, nos termos establecidos pola Intervención Xeral.

c) O seguimento do orzamento de gastos dos órganos institucionais da Comunidade Autónoma e a súa contabilidade nos termos que estableza a Intervención Xeral, sempre que os ditos órganos non teñan a súa propia oficina contable.

d) Solicitar dos órganos competentes o asesoramento xurídico ou os informes técnicos que precise para o exercicio das súas funcións.

e) Interposición de recursos e reclamacións, emisión de informes previstos nas disposicións vixentes e demais funcións inherentes para o cumprimento das súas competencias.

Da Intervención Delegada da Administración Institucional dependerá:

4.7.1. O Servicio de Control Interno da Administración Institucional.

Exercerá as seguintes funcións:

a) A realización das actuacións preparatorias para o exercicio da función de fiscalización naqueles casos que estea asignada á Intervención Delegada.

b) A realización de actuacións preparatorias para o exercicio do control financeiro naqueles casos que estea asignado á Intervención Delegada.

c) Elaboración dos estudios preparatorios e actuacións necesarias para a coordinación da actividade contable dos organismos autónomos e demais entidades que integran a Administración institucional.

d) Contabiliza-las operacións do orzamento de gastos dos órganos institucionais da Comunidade Autónoma dos que o seguimento o teña asignado a Intervención Delegada.

e) Elabora-los informes que sirvan de base para a interposición de recursos e reclamacións que correspondan á Intervención Delegada.

4.8. En organismos autónomos en que así se determine poderá existir unha intervención delegada con nivel orgánico de subdirección xeral que exercerá, baixo a dependencia funcional da Intervención Xeral, o control interno da actividade económico-financeira deles.

Estas intervencións delegadas poderán contar cun Servicio de Control Interno.

IV. A Dirección Xeral de Tributos.

Artigo 6º

1. Correspóndenlle á Dirección Xeral de Tributos as seguintes competencias:

a) A análise e o deseño da política global de ingresos públicos, no relativo ós tributos cedidos polo Estado á Comunidade Autónoma e ós tributos propios e prezos que esta estableza.

b) A dirección, impulso, planificación, coordinación, control e execución da xestión e inspección dos tributos cedidos, así como da xestión e inspección dos tributos propios e prezos que corresponden á Xunta de Galicia, ós seus organismos autónomos e demais entidades de dereito público dependentes dela.

c) O impulso e a coordinación das relacións de colaboración que en materia tributaria poidan establecerse con outras administracións públicas.

d) A elaboración das normas relativas ós ingresos de dereito público a que se refiren os puntos anteriores, así como a emisión de instruccións e circulares para o seu cumprimento.

e) A dirección da xestión recadatoria nos seus dous períodos, así como a autorización das contas restrinxidas de recadación e o seu control, de acordo co previsto na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e no Regulamento xeral de recadación, sen prexuízo das actuacións de coordinación que procedan, para estes efectos, coa Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.

f) Apoio ás actuacións do Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Para o exercicio das súas competencias, a Dirección Xeral de Tributos estructúrase nos seguintes órganos:

2.1. A Subdirección Xeral de Impostos Cedidos, que exercerá as seguintes funcións:

a) A coordinación dos diferentes servicios dependentes dela, así como a dos órganos periféricos da Consellería de Economía e Facenda, e oficinas liquidadoras de distrito hipotecario que desempeñen as funcións de xestión e inspección relativas a impostos cedidos.

b) A proposta de adopción de medidas para a racionalización, normalización e unificación dos criterios que se vaian utilizar nas actuacións relativas á xestión, valoración e inspección dos impostos cedidos.

c) A coordinación co Servicio Central de Recadación en materias propias da competencia da subdirección xeral.

d) Aqueloutras que lle encomende o director xeral.

Desta subdirección xeral dependerán os seguintes servicios:

2.1.1. O Servicio de Xestión Tributaria, que exercerá as seguintes funcións:

a) O estudio, deseño e proposta dos procedementos de xestión dos impostos cedidos.

b) A elaboración do sistema de información e estatística relativa ós resultados da xestión destes.

2.1.2. O Servicio de Inspección Tributaria, que exercerá as seguintes funcións:

a) A análise e proposta dos plans de inspección relativos ós impostos cedidos.

b) O estudio, deseño e proposta dos sistemas e procedementos que se vaian utilizar nas actuacións de investigación e valoración tributaria.

c) A proposta de elaboración do sistema de información e estatística relativa ós resultados das ditas actuacións.

2.2. A Subdirección Xeral de Taxas, Prezos e demais Tributos Propios, que exercerá as seguintes funcións:

a) A coordinación entre os órganos periféricos da consellería y demais órganos ou entes da Comunidade Autónoma, que desempeñen funcións de xestión e inspección de taxas, prezos, tributos propios e demais ingresos de dereito público que non se traten de impostos cedidos.

b) A proposta de adopción de medidas para a racionalización, normalización e unificación dos criterios que se vaian utilizar nas actuacións relativas á xestión, valoración e inspección dos ingresos a que se refire o punto anterior.

c) A coordinación co Servicio de Inspección Tributaria e o Servicio Central de Recadación en materias propias da competencia da subdirección xeral.

d) Aqueloutras que lle encomende o director xeral.

Desta subdirección xeral dependerá:

2.2.1. O Servicio de Taxas, Prezos e demais Tributos Propios, que exercerá as seguintes funcións:

a) O estudio, deseño e proposta dos sistemas e procedementos de xestión de taxas, prezos e demais tributos propios da Comunidade Autónoma.

b) A elaboración do sistema de información e estatística relativa ós resultados da xestión dos ditos tributos e prezos.

2.3. Con dependencia directa do director xeral de Tributos, existirá:

2.3.1. O Servicio de Asesoramento Tributario, que exercerá as seguintes funcións:

a) A proposta e interpretación da normativa legal e regulamentaria do réxime dos tributos e prezos públicos.

b) A asistencia técnica ó director xeral en materia tributaria.

c) O estudio das resolucións administrativas e xudiciais, así como a proposta de interposición de recursos contra elas.

2.3.2. O Servicio Central de Recadación, que exercerá as seguintes funcións:

a) Estudio e proposta das directrices da xestión recadatoria dos ingresos de dereito público.

b) A xestión centralizada da recadación executiva.

c) A coordinación entre os distintos órganos recadadores da Consellería de Economía e Facenda.

2.3.3. O Servicio de Xestión de Reclamacións Económico-Administrativas, que exercerá as seguintes funcións:

a) Tramitación dos expedientes das reclamacións económico-administrativas, o que inclúe tódalas súas fases: recepción dos escritos; petición de expedientes; posta de manifesto; estudio e preparación das resolucións das reclamacións económico-administrativas, así como a súa notificación.

b) Colaboración co Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia (Administración Estatal).

c) Remisión de expedientes ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

d) Notificación de sentencias ós diferentes órganos da Comunidade Autónoma.

V. A Dirección Xeral de Orzamentos.

Artigo 7º

1. Á Dirección Xeral de Orzamentos correspóndenlle as seguintes competencias:

a) Realización de estudios e actuacións relativos á determinación dos recursos económicos que deben ser transferidos á Comunidade Autónoma desde os orzamentos doutras administracións públicas, agás os que este decreto lles asigne a outros centros directivos.

b) Elaboración do proxecto dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, así como o desenvolve

mento das competencias atribuídas pola lexislación vixente á Consellería de Economía e Facenda en materia orzamentaria.

d) Levar a cabo a análise económico-financeira da evolución orzamentaria na súa vertente de ingresos e gastos, podendo, se é o caso, propor aquelas medidas que se consideren convenientes para o necesario equilibrio orzamentario. Para tal efecto, poderá reclama-la información que precise dos centros directivos correspondentes.

d) O exercicio das competencias atribuídas pola lexislación vixente á Consellería de Economía e Facenda en materia de retribucións do persoal, aprobación e modificación de anexos de persoal, autorización de masa salarial en convenios e acordos colectivos, e en xeral, en todas aquelas materias relacionadas con decisións sobre o persoal que teñan repercusión económica.

e) Polo que se refire ó Servicio Galego de Saúde (Sergas), sen prexuízo das competencias xerais incluídas nos puntos precedentes, correspóndelle a este centro directivo:

1. Establece-los criterios que se deben seguir en materia de xestión de recursos propios.

2. Coñecer aqueles actos de control, inspección e avaliación da xestión, tanto en centros ou servicios sanitarios propios coma concertados, efectuados pola Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e o Sergas, que teñan contido económico e que sexan de interese para a Consellería de Economía e Facenda.

3. Emitir informe sobre os proxectos de novos investimentos e novos servicios, en canto á súa incidencia nos gastos recorrentes.

Así mesmo, requirirán informe previo da dirección xeral, o establecemento de concertos de vinculación, revisión de tarifas, ou outras modificacións nas condicións económicas dos servicios concertados que impliquen a adquisición de novos compromisos financeiros ou que condicionen a asignación dos recursos económicos para futuros exercicios.

2. A Dirección Xeral de Orzamentos estructúrase nas seguintes unidades:

2.1. A Subdirección Xeral de Orzamentos. Terá encomendado o desenvolvemento das actuacións necesarias para a elaboración do proxecto dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, e das funcións que lle corresponden á Dirección Xeral de Orzamentos en materia orzamentaria.

Así mesmo, levará a cabo a análise e supervisión das aplicacións informáticas utilizadas para a elaboración dos orzamentos e para a instrumentación e o seguimento das modificacións orzamentarias.

Para o exercicio das súas funcións a Subdirección Xeral de Orzamentos contará coas seguintes unidades:

2.1.1. Servicio de Programas Orzamentarios Xerais.

Exercerá as seguintes funcións:

a) Obtención, análise e agregación dos datos, antecedentes, informes e estatísticas necesarias para a

elaboración dos proxectos do orzamento de gastos da Comunidade Autónoma.

b) Recepción, informe e tramitación dos acordos sobre modificacións orzamentarias.

c) Elaboración e cifrado dos programas integrados nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, con especial atención ós respectivos conceptos de transferencias e investimentos.

d) Análise e proposta das modificacións dos programas e o control de realización dos obxectivos asignados a cada programa.

2.1.2. Servicio de Programas Orzamentarios do Sergas.

Exercerá as seguintes funcións:

a) Obtención, análise e agregación dos datos, antecedentes, informes e estatísticas necesarias para a elaboración dos proxectos do orzamento de gastos do Servicio Galego de Saúde.

b) Recepción, informe e tramitación dos acordos sobre modificacións orzamentarias dos programas sanitarios.

c) Elaboración e cifrado dos programas integrados no orzamento do Servicio Galego de Saúde, con especial atención ós respectivos conceptos de transferencias e investimentos.

d) Análise e proposta das modificacións dos programas e control de realización dos obxectivos asignados a cada programa de gasto integrado no Servicio Galego de Saúde e na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

2.2. A Subdirección Xeral de Análise Económico-Financeira.

Desenvolverá as funcións relativas á determinación da participación da Comunidade Autónoma nos ingresos do Estado e dos recursos económicos correspondentes ás competencias transferidas en materia de Seguridade Social.

Realizará a análise periódica da execución dos gastos e ingresos da Comunidade Autónoma, e levará a cabo a xestión orzamentaria dos recursos derivados de transferencias correntes e de capital.

Asumirá as funcións sinaladas nos puntos 2 e 3 da letra e) deste artigo, así como aqueloutras que lle sexan encomendadas pola dirección xeral.

A Subdirección Xeral de Análise Económico-Financeira contará coa seguinte unidade:

2.2.1. O Servicio de Análise e Sistemas de Financiamento.

Exercerá as seguintes funcións:

Desenvolverá, especialmente, as actuacións necesarias para levar a cabo a xestión orzamentaria dos capítulos IV e VII do orzamento de ingresos, e a análise dos estados financeiros dos organismos autónomos, comerciais, industriais, financeiros e análogos, así como os das sociedades e demais entes públicos incluídos nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

2.3. Con dependencia directa do director xeral de Orzamentos existirán os seguintes servicios:

2.3.1. Servicio de Custos de Persoal.

Exercerá o desenvolvemento das funcións correspondentes a competencias atribuídas á Consellería de Economía e Facenda en materia de retribucións de persoal, modificacións das relacións de postos de traballo e autorización da masa salarial dos acordos ou convenios colectivos do persoal laboral, así como o informe preceptivo para a modificación das súas condicións retributivas.

2.3.2. Servicio de Custos de Persoal e Recursos Propios do Sergas.

Exercerá as funcións arriba indicadas, referidas ó persoal do Sergas, así como as que correspondan á Dirección Xeral de Orzamentos en materia de xestión de recursos propios do dito organismo.

VI. A Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.

Artigo 8º

1. A Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro exercerá as competencias seguintes:

a) O desenvolvemento e a execución das funcións que lle corresponden á Comunidade Autónoma en materia financeira, en especial as relativas a:

-Caixas de Aforro e demais entidades financeiras.

-Tutela financeira sobre corporacións locais galegas.

-Endebedamento da Comunidade Autónoma e, en canto estea atribuído á Comunidade, o doutros entes públicos.

-Centros de contratación de valores.

-Mutualidades de previsión social non integradas na Seguridade Social.

-Ordenación do crédito, banca e seguros.

b) A xestión da Tesourería da Comunidade Autónoma e en especial:

-A realización dos ingresos.

-A ordenación xeral de pagamentos en canto lle fose delegada polo conselleiro de Economía e Facenda.

-A ordenación xeral de pagamentos do Servicio Galego de Saúde, así como a periodificación de pagamentos e provisión de fondos dos seus centros de xestión.

-A xestión dos depósitos e fianzas que deban constituírse na Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma.

-Autorización da apertura de contas nas entidades de crédito e aforro, e o seu réxime de disposición, de acordo co establecido na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, sen prexuízo daquelas que corresponden á Dirección Xeral de Tributos en función do previsto no artigo 6.1. e).

2. Para o exercicio das súas competencias, a Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro estructúrase nos seguintes órganos:

2.1. A Subdirección Xeral de Operacións Financeiras e Seguros, que exercerá as seguintes funcións:

a) Todas aquelas que teñan relación coas operacións de endebedamento da Comunidade Autónoma, así como das de garantía que corresponda aprobar polo Consello da Xunta de Galicia.

b) As que se refiran a actuacións en materia de mutualidades de previsión social non integradas na Seguridade Social.

c) As relativas ó desenvolvemento lexislativo e execución en materia de seguros.

d) As relativas a centros de contratación de valores.

e) A tutela financeira sobre as corporacións locais.

Da Subdirección Xeral de Operacións Financeiras e Seguros dependerán os seguintes servicios:

2.1.1. O Servicio de Operacións Financeiras, que exercerá tódalas funcións que teñan relación coas operacións de endebedamento e garantía que lle correspondan á subdirección xeral. Así mesmo, exercerá as funcións que teñan relación coa tutela financeira sobre as corporacións locais galegas e as que lle correspondan a esta Comunidade Autónoma en materia de contratación de valores.

2.1.2. O Servicio de Supervisión e Inspección de Entidades e Mediadores de Seguros, que exercerá tódalas funcións que lle correspondan á Comunidade Autónoma en materia de supervisión, inspección e réxime sancionador de mutualidades de previsión social non integradas na Seguridade Social e doutras entidades aseguradoras así como de mediación de seguros.

2.2. A Subdirección Xeral do Tesouro, que exercerá as seguintes funcións:

a) As relacionadas coas accións necesarias para a xestión da Tesourería da Comunidade Autónoma tanto na realización dos ingresos como na execución dos pagamentos, así como a autorización e réxime das contas bancarias que lle corresponda autorizar a esta dirección xeral.

b) A elaboración dos orzamentos de tesourería así como a realización trimestral dos cadros de fluxos financeiros, de acordo co previsto na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

c) A recepción, custodia e devolución dos depósitos e fianzas que se constitúan nos servicios centrais da Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma.

Da Subdirección Xeral do Tesouro dependerán os seguintes servicios:

2.2.1. O Servicio de Tesourería, que terá ó seu cargo:

a) A xestión da Tesourería da Comunidade Autónoma, tanto na realización dos ingresos como na execución dos pagamentos.

b) A elaboración dos orzamentos de tesourería e cadros trimestrais de fluxos financeiros.

c) A constitución, custodia e devolución dos depósitos e fianzas constituídos nos servicios centrais da Caixa Xeral de Depósitos da Comunidade Autónoma.

2.2.2. O Servicio de Programación de Pagamentos do Sergas, que terá ó seu cargo a proposta de pagamentos do Servicio Galego de Saúde, así como elabora-la súa periodificación e a provisión de fondos dos seus centros de xestión.

2.3. A Subdirección Xeral de Supervisión de Caixas de Aforro e Entidades Financeiras, que exercerá as seguintes funcións:

a) As de análise, supervisión, inspección financeira e sanción en materia de caixas de aforro e outras entidades financeiras.

b) As relativas á obra benéfico-social das caixas de aforro.

c) A levanza dos rexistros existentes na materia.

d) As de protección ós clientes destas entidades.

e) O informe das consultas e a proposta de resolución de autorizacións e, en xeral, cantas funcións lle atribúa á dirección xeral a lexislación vixente sobre estas materias.

f) Aqueloutras que puidesen corresponderlle á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de ordenación de crédito e banca.

Da Subdirección Xeral de Supervisión de Caixas de Aforro e Entidades Financeiras dependerán os seguintes servicios:

2.3.1. O Servicio de Análises Financeiras, que será o encargado da realización dos informes periódicos sobre a evolución económico-financeira e a solvencia das entidades, da levanza dos rexistros existentes, así como de informar sobre as consultas que se lle formulen e elabora-las propostas de resolución sobre as autorizacións que procedan.

2.3.2. O Servicio de Supervisión e Inspección, que terá ó seu cargo o desempeño das funcións sobre protección da clientela, obra benéfico-social así como as de supervisión, inspección e réxime sancionador.

VII. A Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios.

Artigo 9º

1. Correspóndenlle á Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios as seguintes competencias:

a) O exercicio de tódalas competencias que o Estatuto de autonomía lle atribúe á Comunidade Autónoma en materia de planificación económica.

b) A coordinación coa Dirección Xeral de Orzamentos para efectos da repercusión da planificación económica no cálculo do orzamento. Así mesmo, o

seguimento de actuacións de política económica da Administración autonómica.

c) A relación sobre materias relativas á Unión Europea (UE) e á política económica, tanto no ámbito da Comunidade Autónoma como doutras administracións, a través dos órganos colexiados de coordinación que correspondan ou das diversas comisións sectoriais establecidas. Así mesmo, o mantemento de relacións con outras administracións públicas e cos sectores socioeconómicos e axentes sociais en canto se refire ó seguimento das súas actuacións investidoras, e co Consello Económico e Social de Galicia.

d) A coordinación e o impulso de actuacións da Administración autonómica en materias relacionadas coas políticas rexionais e sectoriais da UE.

e) O seguimento do impacto económico a medio prazo das políticas comunitarias, nacionais e rexionais.

f) A elaboración de análises e estudios sobre o impacto territorial da actividade económica en xeral e do gasto público en particular, así como, se é o caso, a instrumentación de propostas para a corrección dos desequilibrios rexionais, así como a avaliación dos programas económicos a medio prazo.

g) A coordinación das relacións coa Administración xeral do Estado e coa local e, se é o caso, coa europea, en materias de coordinación de investimentos, en canto á programación a medio prazo.

h) A coordinación de actuacións tendentes ás demandas de información das inspeccións técnicas e financeiras comunitarias.

2. A Dirección Xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios estará integrada polas seguintes unidades, que exercerán as funcións que se indican:

2.1. A Subdirección Xeral de Planificación Económica, que terá ó seu cargo:

a) A realización e dirección de estudios e traballos conducentes á planificación, elaboración, seguimento, actualización e instrumentación da programación económica a medio prazo.

b) A análise dos plans sectoriais e dos orzamentos das administracións públicas en relación coa programación económica da Xunta de Galicia, así como a coordinación do réxime de axudas públicas.

c) A realización, coordinación e análise das avaliacións previas, intermedias, complementarias e posteriores das intervencións comunitarias.

d) A coordinación e a análise de estudios referentes á conxuntura económica e a elaboración de previsións sobre o comportamento da economía galega.

e) A instrumentación de mecanismos de obtención e xeración de indicadores e seguimento da planificación anual e plurianual da Xunta de Galicia.

f) A coordinación administrativa e o seguimento do cumprimento dos acordos da Comisión Delegada da Xunta para Asuntos Económicos e, en particular, dos contratos-programa aprobados pola devandita comisión.

g) As relacións técnicas de cooperación e seguimento dos traballos do Consello Económico e Social de Galicia e doutros organismos públicos.

A Subdirección Xeral de Planificación Económica contará con tres servicios:

2.1.1. O Servicio de Metodoloxía e Seguimento, que exercerá as seguintes funcións:

a) A aplicación de métodos e indicadores así como a recolla de datos necesarios para o seguimento da planificación económica anual e plurianual.

b) A instrumentación e o seguimento dos acordos e plans socioeconómicos relativos á economía rexional.

c) A realización das análises dos plans sectoriais e dos orzamentos das administracións públicas en relación coa programación a medio prazo da Xunta de Galicia.

2.1.2. O Servicio de Avaliación e Análises, que exercerá as seguintes funcións:

a) A realización, coordinación e análise das avaliacións previas, intermedias, complementarias e posteriores de tódalas formas de intervención comunitaria.

b) A coordinación e análise de estudios e informes relativos ó comportamento da economía galega e as relacións co Instituto Galego de Estatística (IGE).

c) A elaboración de propostas, estratexias e prioridades para o aproveitamento dos recursos financeiros provenientes das axudas comunitarias con posible incidencia rexional.

2.1.3. O Servicio de Coordinación de Políticas Comunitarias, que exercerá as seguintes funcións:

a) A relación co departamento encargado da Acción Exterior da Xunta, así como a participación e o seguimento de actividades e programas relacionados directamente coa política rexional comunitaria.

b) A tramitación e coordinación administrativa derivada da Secretaría Técnica da Comisión Delegada para Asuntos Económicos e da adscrición do Consello Económico e Social de Galicia á Consellería de Economía e Facenda.

c) A coordinación do réxime de axudas públicas e a elaboración de informes sobre a normativa comunitaria de aplicación.

2.2. A Subdirección Xeral de Coordinación de Investimentos, que terá ó seu cargo:

a) O estudio, coordinación e elaboración de propostas de aplicación da política rexional comunitaria

e os fondos estructurais e de cohesión e, en particular, a formulación de instruccións para a coordinación da programación dos proxectos de investimentos da Xunta de Galicia que configuran o Fondo de Compensación Interterritorial (FCI), Fondos Estructurais, Fondo de Cohesión e Iniciativas Comunitarias da Unión Europea, así como a programación e xestión do Fondo de Cooperación Local (FCL).

b) A participación e representación, compartidas cos órganos sectoriais da Administración autonómica, nos órganos e comités de seguimento relativos ós fondos citados no punto anterior, e noutros órganos colexiados con competencias en Fondos Europeos, así como a elaboración dos informes e propostas ós ditos órganos.

c) A coordinación técnica co Comité de Investimentos Públicos respecto á materialización da programación de Investimentos Públicos en Galicia e, en particular, do Fondo de Compensación Interterritorial.

d) O apoio técnico á Subcomisión Permanente de Réxime Económico e Financeiro da Comisión Galega de Cooperación Local, órgano asesor do Fondo de Cooperación Local.

e) O seguimento e a certificación dos investimentos cofinanciados cos ditos fondos, ante as correspondentes administracións, para os respectivos reembolsos á Comunidade Autónoma.

f) A coordinación e elaboración dos informes e propostas relativas ás inspeccións técnicas e financeiras que realicen as autoridades comunitarias, referidas ós ditos fondos.

g) A emisión periódica de informes sobre a xestión do FCI e Fondos Estructurais e de Cohesión, e, en particular, as previsións de ingresos.

A Subdirección Xeral de Coordinación de Investimentos contará con tres servicios:

2.2.1. O Servicio de Cooperación Local, que exercerá as seguintes funcións:

a) O deseño da normativa reguladora do FCL, en canto non estea atribuída a outros centros directivos.

b) Os traballos de secretaría da Subcomisión Permanente de Réxime Económico e Financeiro da Comisión Galega de Cooperación Local.

c) A xestión dos expedientes do FCL, así como a coordinación entre as distintas administracións para estes efectos.

2.2.2. O Servicio de Xestión de Fondos, que exercerá as seguintes funcións:

a) A coordinación da programación e da xestión do FCI, FEDER, FEOGA e Fondo de Cohesión.

b) A xestión e tramitación ante a Administración do Estado e ante a UE dos reembolsos dos fondos citados no punto anterior.

2.2.3. O Servicio de Xestión de Investimentos, que exercerá as seguintes funcións:

a) O seguimento e estudios da execución das actuacións investidoras das administracións públicas en Galicia.

b) A coordinación da programación e da xestión do Fondo Social Europeo (FSE), do Instrumento Financeiro de Orientación da Pesca (IFOP) e das Iniciativas Comunitarias.

c) A xestión e tramitación ante a Administración xeral do Estado e ante a UE dos reembolsos dos fondos citados no punto anterior.

2.3. Con dependencia directa do director xeral de Planificación Económica e Fondos Comunitarios existirá:

2.3.1. Servicio de Programación e Coordinación Orzamentaria.

Exercerá as seguintes funcións:

a) A coordinación da programación económica coa política orzamentaria da Xunta.

b) A preparación e articulación da programación económica derivada das axudas comunitarias.

c) A realización de informes comparativos de Galicia respecto das outras comunidades autónomas e o Estado, relativos ós investimentos financiados con fondos europeos.

VIII. Delegacións territoriais.

Artigo 10º.-Delegacións territoriais e ámbito de actuación.

1. As delegacións da Consellería de Economía e Facenda sitúanse na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo; o ámbito territorial será delimitado pola respectiva provincia, agás as delegacións de Pontevedra e Vigo, correspondéndolle á Delegación Territorial de Pontevedra tódolos concellos da provincia coa excepción de Vigo, Baiona, Gondomar e Nigrán, os cales conforman o ámbito territorial da Delegación de Vigo.

2. Á fronte de cada delegación territorial existirá un delegado do que dependerán tódolos servicios, unidades ou centros da consellería que se sitúen no ámbito territorial da súa competencia.

3. Os delegados territoriais dependen orgánica e funcionalmente do conselleiro, sen prexuízo das directrices que, na orde funcional, poidan emanar do secretario xeral e do Patrimonio e dos directores xerais da consellería.

Artigo 11º

No seu ámbito de actuación, cada delegación territorial terá, ademais das competencias previstas no Decreto 5/1987, do 14 de xaneiro, e as derivadas da desconcentración de competencias, efectuada en virtude dos decretos 87/1990 e 88/1990, ámbolos dous do 15 de febreiro, as seguintes:

a) Velar polo cumprimento das disposicións legais relativas ás competencias da Consellería de Economía e Facenda.

b) O control, seguimento e a inspección das oficinas liquidadoras do seu ámbito territorial.

c) A concesión de adiamentos e fraccionamentos dentro dos límites fixados polas disposicións vixentes.

d) O exercicio das funcións propias da Tesourería así como as que correspondan á Caixa Xeral de Depósitos.

e) A proposta, posta en práctica e o control de execución de plans e programas de actuación da Consellería de Economía e Facenda, e elaboración de estudios e informes de carácter xeral ou sectorial necesarios para eles.

f) O asesoramento sobre tódalas cuestións da súa competencia que lle sometan os órganos centrais da consellería.

g) Elabora-lo anteproxecto de orzamentos da delegación, así como emitir informe sobre as actuacións da consellería no seu ámbito territorial.

h) O exercicio das competencias que, mediante os decretos 5/1987, do 14 de xaneiro, e 87/1990 e 88/1990, ámbolos dous do 15 de febreiro, resulten desconcentradas, así como calquera outra competencia ou atribución que as leis e demais disposicións xerais lle confiran ou lle sexan delegadas polo conselleiro.

Artigo 12º

Para o cumprimento das súas funcións, as delegacións territoriais contarán coas seguintes unidades, con nivel orgánico de servicio:

1. Secretaría da delegación.

A secretaría da delegación exercerá as seguintes funcións:

a) A xestión de tódolos asuntos relativos a persoal, habilitación, material e réxime interior.

b) O rexistro xeral, a información ó público e o arquivo de documentos.

c) A realización das tarefas que, relacionadas coa xestión do patrimonio da Comunidade Autónoma no ámbito territorial da delegación, lle sexan encomendadas pola Secretaría Xeral e do Patrimonio.

d) A realización das tarefas materiais relacionadas coas funcións encomendadas ás oficinas liquidadoras do seu ámbito territorial.

O titular da secretaría da delegación substituirá o delegado no caso de vacante, ausencia ou enfermidade.

2. Servicio de Xestión Tributaria.

O Servicio de Xestión Tributaria exercerá as seguintes funcións:

a) A recepción de toda clase de declaracións, recursos, consultas e demais documentos con transcendencia tributaria, así como o seu exame e tramitación, e a realización dos requirimentos que procedan en cada caso.

b) A comprobación formal dos datos consignados nos documentos tributarios e a realización das tarefas preparatorias para o tratamento mecanizado da información.

c) A función de liquidación dos tributos cedidos e propios que corresponden á Consellería de Economía e Facenda.

d) A resolución dos recursos de reposición contra actos dictados polo propio servicio.

e) As demais funcións que poidan corresponderlle segundo a lexislación vixente.

3. Servicio de Inspección Tributaria.

O Servicio de Inspección Tributaria exercerá as seguintes funcións:

a) As previstas no artigo 140 da Lei xeral tributaria e no Regulamento da inspección dos tributos aprobado polo Real decreto 939/1986, do 25 de abril.

b) As facultativas e de valoracións de bens, dereitos ou actividades así como as de confección, conservación e actualización de censos e rexistros fiscais non incluídas no punto 4.a) deste artigo.

c) A emisión de dictames, propostas e outras actuacións facultativas.

d) A preparación, confección e seguimento de plans de inspección.

4. Servicio de Valoracións.

O Servicio de Valoracións exercerá as seguintes funcións:

a) As facultativas de valoración e recoñecemento de bens, dereitos e actividades de natureza inmobiliaria, así como as de confección, conservación e actualización dos censos e rexistros fiscais correspondentes.

b) A emisión de dictames e outras actuacións relacionadas co seu servicio.

c) A coordinación e o control das valoracións que se realicen nas distintas oficinas liquidadoras.

5. Intervención Territorial-Delegada.

5.1. Integrada organicamente na delegación territorial da Consellería de Economía e Facenda, a Intervención Territorial, como órgano delegado da Intervención Xeral, da que dependerá funcionalmente, exercerá no ámbito das competencias das delegacións provinciais ou territoriais das respectivas consellerías ou das xefaturas ou delegacións provinciais ou territoriais dos organismos autónomos, as seguintes funcións:

a) A función interventora respecto de tódolos actos, documentos e expedientes dos que puidesen derivarse dereitos e obrigas de contido económico.

b) A interposición de recursos e reclamacións e a emisión dos informes previstos nas disposicións vixentes.

c) Solicitar dos órganos competentes o asesoramento xurídico ou os informes técnicos que se precisen en función da natureza do acto.

d) Levar e desenvolve-la contabilidade do seguimento do orzamento de gastos e ingresos.

e) Leva-la contabilidade dos ingresos e pagamentos non orzamentarios.

f) Forma-los estados e contas que lles teñan que rende-los delegados territoriais ou provinciais ó Con

sello de Contas de Galicia e ó Tribunal de Contas do Estado a través da Intervención Xeral.

g) Subministrar información para os delegados e directores provinciais.

5.2. Á fronte da Intervención Territorial existirá, con nivel orgánico de xefe de servicio A, un interventor territorial delegado perante a Administración territorial ou provincial.

5.3. O interventor territorial delegado poderá estar asistido polos seguintes interventores habilitados, con nivel orgánico de xefe de servicio B:

-Un interventor habilitado para ingresos.

-Un interventor habilitado para gastos.

5.4. Serán funcións dos interventores habilitados as seguintes:

a) Asistir no ámbito das súas funcións o interventor territorial delegado.

b) Preparar e propoñerlle ó interventor territorial delegado os informes fiscais que proceda emitir en relación cos expedientes recibidos.

c) O estudio e a proposta ó interventor territorial delegado de cantos actos competan en razón do exercicio da función interventora.

d) Organizar e dirixir, de acordo coas instruccións dictadas polo interventor territorial delegado, as tarefas que correspondan en cada área e calquera outra función que, no ámbito da súa competencia, lle sexa encomendada polo interventor territorial delegado.

6. Servicio de Recadación.

O Servicio de Recadación exercerá as seguintes funcións:

a) A xestión recadatoria nos seus dous períodos.

b) Dictar providencias de constrinximento.

c) A relación coas entidades colaboradoras na recadación, sen prexuízo daquelas que correspondan a outros órganos.

d) A tramitación e proposta de resolución dos expedientes de aprazamentos e fraccionamentos de pagamento.

Artigo 13º

Ademais do disposto no artigo anterior, a Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda en A Coruña contará coas seguintes unidades:

1. Unidade Rexional de Valoracións, que, con nivel orgánico de xefatura de servicio A, exercerá as seguintes funcións:

a) A dirección técnica dos equipos de traballo que a Consellería de Economía e Facenda dedique ó estudio e a investigación do valor de mercado dos inmobles.

b) O estudio, a análise e proposta das condicións técnicas necesarias para a explotación da información catastral.

c) A análise e proposta dos criterios técnicos para utilizar polos servicios territoriais de valoracións no desenvolvemento das súas actuacións.

d) O desenvolvemento das tarefas necesarias para a modificación dos programas informáticos utilizados nas actuacións de valoración.

2. Servicio de Relacións con Oficinas Xestoras, que, con nivel orgánico de xefatura de servicio B, exercerá as seguintes funcións:

a) A coordinación das relacións da Delegación Territorial coas oficinas liquidadoras de distrito hipotecario.

b) O seguimento das actuacións realizadas polas devanditas oficinas.

c) A coordinación das actuacións realizadas por outras oficinas de xestión tributaria dependentes da Delegación Territorial.

Artigo 14º

Adscritos á consellería existirán os órganos colexiados seguintes:

1. O Tribunal Económico-Administrativo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola Lei 13/1991, do 9 de decembro, e regulado polo Decreto 34/1997, do 20 de febreiro.

2. A Comisión Orzamentaria da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, creada polo Decreto 206/1996, do 24 de maio.

3. A Comisión de Fondos Comunitarios, creada polo Decreto 13/1997, do 23 de xaneiro.

4. A Comisión especial para a introducción do euro, creada por acordo do Consello da Xunta do 28 de maio de 1998.

5. A Comisión de Nóminas, creada por acordo do Consello da Xunta do 3 de marzo de 2000.

6. A Comisión de Seguimento e Control do Gasto Corrente, creada por acordo do Consello da Xunta do 19 de maio de 2000.

Disposicións adicionais

Primeira.-Existirán dous asesores técnicos, con nivel orgánico de xefe de servicio A, que poderán situarse nas delegacións territoriais da consellería, e que terán como función o apoio a estas unidades nas materias relacionadas coas competencias da consellería.

Disposición derogatoria

Quedan derrogadas tódalas disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ó disposto neste decreto e, expresamente, as seguintes:

-Decreto 13/1997, do 23 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Economía e Facenda.

Disposicións derradeiras

Primeira.-A estructura orgánica que se establece neste decreto modifica o artigo 2 do Decreto 351/1997, do 10 de decembro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

Segunda.-A estructura orgánica que se establece neste decreto non suporá aumento de gasto.

Terceira.-Facúltase o conselleiro de Economía e Facenda para dicta-las disposicións que sexan necesarias para a reestructuración dos postos e acomodación do persoal á estructura establecida neste decreto ou derivada dela, así como as que cumpran para o seu desenvolvemento e execución.

Cuarta.-As consellerías da Presidencia e Administración Pública e Economía e Facenda realizarán as modificacións que procedan na relación de postos de traballo da Consellería de Economía e Facenda,derivadas da estructura orgánica obxecto deste decreto.

Quinta.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinteoito de decembro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda