Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 30 de marzo de 2001 Páx. 4.114

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO (sec-2001000012).

A Alcaldía, por Decreto do 19-3-2001, aprobou inicialmente o proxecto de delimitación do polígono C-22 dentro da área de reparto nº 22 do PXOM de Verín, por instancia de Antonio Barreira Alonso.

En cumprimento do que dispón o artigo 121 da Lei do solo de Galicia, faise público para os efectos de que os interesados poidan consulta-lo expediente na secretaría do concello durante o prazo de vinte días hábiles, que se contarán desde a publicación deste anuncio no DOG.

De conformidade co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, esta publicación substituirá a notificación dos interesados que sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación, ou ben, logo de intenta-la notificación, non se puidese practicar.

Verín, 19 de marzo de 2001.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde