Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 29 de marzo de 2001 Páx. 3.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do 5 de marzo de 2001, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Tomar coñecemento do avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Segundo.-Someter a información pública o expediente polo período dun mes, inserindo para tal efecto un anuncio no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia, co fin de que as distintas entidades e particulares poidan formula-las suxestións que consideren oportunas e presenta-las propostas e os convenios urbanísticos que consideren procedentes.

Cangas, 7 de marzo de 2001.

José E. Sotelo Villar

Alcalde