Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 29 de marzo de 2001 Páx. 3.975

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 23 de febreiro do ano 2001, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para a ordenación do volume da edificación correspondente ó soar situado no Cruceiro-Cambre, presentado por Patrucial, S.L., e redactado polo arquitecto Emilio Cortés Varela.

O que se fai público para xeral coñecemento. O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, de conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia, e o artigo 140 do regulamento de planeamento.

Durante o citado prazo poderanse formula-las alegacións que se consideren pertinentes. O expediente poderá ser consultado nas oficinas da Área de Urbanismo e Interior deste concello.

Cambre, 15 de marzo de 2001.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde