Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 29 de marzo de 2001 Páx. 3.967

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2001 pola que se outorga permiso de actividade e concesión para a explotación dunha cetaria no lugar de Beo, municipio de Malpica de Bergantiños (A Coruña), a favor de Luis Gumersindo Blanco Castro.

Visto o expediente iniciado por instancia de Luis Gumersindo Blanco Castro no escrito nº 6.560, con data do 11-4-1997, no que solicita unha concesión administrativa e permiso de actividade para a instalación dunha cetaria para o mantemento de crustáceos vivos, que se vai situar no lugar de Beo, municipio de Malpica, provincia da Coruña.

Resultando que:

-Se procedeu á súa tramitación de acordo coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre, Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, e disposicións concordantes.

-Con data do 22-4-1999 foille outorgado por parte do Ministerio de Medio Ambiente (Dirección Xeral de Costas) o preceptivo título concesional para a ocupación de 37,50 m de terreos de dominio público marítimo-terrestre.

Tendo en conta os informes que constan no expediente, así como a proposta da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura na Coruña, logo do informe do servicio técnico-xurídico e co visto e prace da Dirección Xeral de Recursos Mariños, esta consellería:

RESOLVE:

Outorgarlle a Luis Gumersindo Blanco Castro (DNI: 33.188.627), permiso de actividade e concesión para a posta en funcionamento e explotación dunha cetaria coas seguintes características:

-Establecemento auxiliar de acuicultura: cetaria.

-Situación: lugar de Beo, municipio de Malpica (A Coruña).

-Especies: boi (Cancer pagurus), centola (Maja squinado), camarón (Palaemon serratus), lagosta (Palinurus elephas), lumbrigante (Homarus gammarus) e nécora (Necora puber).

-Superficie de dominio privado: 776 m.

-Superficie de dominio público: 37,50 m.

-Características das instalacións: unha (1) nave de 664 m con oito (8) piscinas para estabulación de 34 m cada unha, que ocupan unha superficie de 272 m. A toma de auga ocupa 25 m de dominio privado e 18,75 m de dominio público; os desaugadoiros ocupan 26 m de dominio privado e 18,75 m de dominio público.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-Os permisos de actividade e concesión outórganse por un prazo de dez (10) anos, que se contarán a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG; poderán ser prorrogados por un período doutros dez anos logo da obtención da prórroga da concesión de ocupación dos terreos de dominio público, logo de petición do interesado presentada dentro dos 60 días anteriores ó do seu vencemento.

O prazo de vixencia dos títulos habilitantes, así como da prórroga que no seu día se puidese outorgar ó permiso de actividade e concesión de ocupación do dominio público deberán ser coincidentes.

Segunda.-A localización e mailas obras de instalación do establecemento axustaranse ós planos e ó proxecto que constan no expediente, elaborados en xaneiro de 1997 por Rafael Señarís González, colexiado nº 769.

O titular deberá dar comezo ás obras no prazo de seis (6) meses contados desde o día seguinte ó da publicación no DOG desta resolución. Desenvolveranse de acordo co sinalado nela e nas condicións xerais da orde ministerial de outorgamento de ocupación do dominio público marítimo-terrestre, e quedarán totalmente terminadas no prazo dun (1) ano.

Logo de concluídas as obras, o titular comunicaralle ese feito á delegación territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura na Coruña, para os efectos de practica-la súa inspección, da que se emitirá o correspondente informe.

Terceira.-O titular contrae a obriga de manter nun bo estado o dominio público, obras e instalacións. Non se poderán alugar nin ser destinadas a usos distintos dos propios deste tipo de establecementos. Baixo ningún concepto se poderán modifica-las instalacións sen permiso expreso desta consellería.

Cuarta.-Sen prexuízo da caducidade da concesión, ó abeiro do disposto na orde ministerial de outorgamento do dominio público marítimo-terrestre que será vinculante para esta consellería, o permiso de actividade ó que se refire esta resolución extinguirase polo incumprimento dalgunha das súas condicións e nos casos previstos no artigo 72 da

Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e no citado Decreto 193/1997, do 5 de xuño.

Quinta.-O establecemento cumprirá o disposto na Lei 6/1993, de pesca de Galicia, así como no Real decreto 1437/1992, do 27 de novembro, polo que se establecen as normas sanitarias aplicables á producción e comercialización dos productos pesqueiros e da acuicultura (BOE nº 11, do 13 de xaneiro de 1993), e aqueloutras que lle sexan de aplicación.

Sexta.-O outorgamento desta concesión e permiso de actividade non exime o seu titular da obtención doutras licencias, permisos e autorizacións legalmente procedentes, esixibles en función das características do establecemento.

Sétima.-O titular xustificará o pagamento á Facenda Pública do imposto que grava as concesións e autorizacións (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados) ou ben acreditará a declaración de non estar suxeito ó acto dese imposto, expedida pola delegación de Facenda ou oficina liquidadora correspondente.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a xurisdicción contencioso-administrativa. Ámbolos dous prazos contaranse desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xuño, da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2001.

P.O. (17-12-1997, DOG nº 246, do 22 de decembro)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura