Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 29 de marzo de 2001 Páx. 3.964

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2001 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, da consultoría asistencia técnica consistente en: lote I: enquisa de efectivos de gando porcino en agosto e decembro de 2001 e actualización do directorio de explotacións industriais na provincia da Coruña na enquisa de agosto. Lote II: enquisa de prezos agrarios mensuais, e prezos da terra das provincias de Lugo e Ourense no ano 2001. Lote III: enquisa de prezos agrarios mensuais, e prezos da terra das provincias da Coruña e Pontevedra no ano 2001. Lote IV: enquisas mensuais (ano 2001) e anual, complementaria do ano 2000, de sacrificio de gando e matadoiros. Lote V: enquisa de efectivos de gando bovino e producción e destino do leite en xuño e decembro do ano 2001. Lote VI: publicación en papel de 800 exemplares do Anuario de Estatística Agraria 2000.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: lote I: enquisa de efectivos de gando porcino en agosto e decembro de 2001 e actualización do directorio de explotacións industriais na provincia da Coruña na enquisa de agosto. Lote II: enquisa de prezos agrarios mensuais, e prezos da terra das provincias de Lugo e Ourense no ano 2001. Lote III: enquisa de prezos agrarios mensuais, e prezos da terra das provincias da Coruña e Pontevedra no ano 2001. Lote IV: enquisas mensuais (ano 2001) e anual, complementaria do ano 2000, de sacrificio de gando e matadoiros. Lote V: enquisa de efectivos de gando bovino e producción e destino do leite en xuño e decembro do año 2001. Lote VI: publicación en papel de 800 exemplares do Anuario de Estatística Agraria 2000, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

b) División por lotes e número: seis lotes.

c) Lugar de execución: o que se especifica no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: os sinalados no punto cinco das prescricións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total:

Lote I: 3.500.000 pesetas (21.035, 42 euros).

Lote II: 3.000.000 de pesetas (18.030,36 euros).

Lote III: 3.000.000 de pesetas (18.030,36 euros).

Lote IV: 2.500.000 pesetas (15.025,30 euros).

Lote V: 12.500.000 pesetas (75.126,51 euros).

Lote VI: 2.800.000 pesetas (16.828,33 euros).

5. Garantías.

Provisional:

Lote I: 70.000 pesetas (420,71 euros).

Lote II: 60.000 pesetas (360,61 euros).

Lote III: 60.000 pesetas (360,61 euros).

Lote IV: 50.000 pesetas (300,51 euros).

Lote V: 250.000 pesetas (1.502,53 euros).

Lote VI: 56.000 pesetas (336,57 euros).

Definitiva: o 4 % do presuposto de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Servicio de Estudios e Publicacións. Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: Fonte dos Concheiros, 13-baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Teléfono: 981 54 66 90.

e) Telefax: 981 54 66 99.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, tódolos días laborables, agás sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo: http://www.xunta.es/contratación.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: exenta.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do día 16 de abril de 2001.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15771) ou en calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

b) Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 20 de abril de 2001.

e) Hora: 13 horas.

11. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2001.

P.D. (Orde 12-1-2001)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria