De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública
a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico Gamoide, coas seguintes características:
Peticionario: Eurovento, S.L., rúa Varsovia, 4 C-5ª planta, 15707 Santiago de Compostela.
Situación: concellos do Valadouro, Foz e Cervo (Lugo).
Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):
V(0.632.500,00; 4.832.750,00), V(0.632.500,00; 4.832.000,00)
V(0.630.000,00; 4.831.000,00), V(0.630.000,00; 4.828.500,00)
V(0.628.000,00; 4.826.500,00), V(0.627.000,00; 4.826.500,00)
V(0.627.000,00; 4.828.800,00), V(0.630.523,00; 4.833.500,00)
Superficie afectada: 1.497 ha.
Potencia bruta: 37,7 MW.
As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.
Lugo, 19 de marzo de 2001.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo