Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 29 de marzo de 2001 Páx. 3.960

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 8 de febreiro de 2001, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-01718-O-2000 e catro máis).

Por medio desta cédula, notifícaselles ós/ás denunciados/as, cos datos e último enderezo coñecidos que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por ese motivo, iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegaren por escrito perante este Servicio Provincial de Trans

portes o que consideren conveniente, achegando ou propondo as probas que coiden oportunas, dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste, e lles sirva de notificación os citados denunciados, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra, 8 de febreiro de 2001.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

PO-01718-O-2000

C-0133-BM

G.C. Tráfico

Frank Jessen

Martínez Garrido, 73-2º D

36201 Vigo

Pontevedra

Circular transportando sete vehículos da marca Citroën en condicións que poden afecta-la seguridade das persoas por entrañar perigo grave para estas, por leva-la carga mal acondicionada e sen suxeición. Catro vehículos sen ningún tipo de anclaxe. Servicio público.

13-6-2000; 18.30; N-550; 160,500

Artigo 200

do R.D. 1211/1990

Artigo 143

da Lei 16/1987,

artigo 201

do R.D. 1211/1990

231.000 ptas.

PO-01735-O-2000

OR-5021-T

G.C. Tráfico

Sillanor, S.L.

As Airas Moreiras, s/n

32930 Toén

Ourense

Non realiza-lo visado da autorización no prazo determinado pola Administración. Servicio privado complementario.

13-6-2000; 16.45; N-525; 286

Artigo 103

da Lei 16/1987

e artigo 158

do R.D. 1211/1990

Artigo 143

da Lei 16/1987,

artigo 201

do R.D. 1211/1990

25.000 ptas.

PO-01936-O-2000

A-2048-CC

G.C. Tráfico

Emilio Tilve García

Bélgica-

Monteporreiro, 1-3 C

36162 Pontevedra

Circular transportando 8 caixas de bacallao, carecendo da correspondente tarxeta de transportes. Realiza un servicio público.

6-7-2000; 12; N-554; 4

Artigo 90

da Lei 16/1987

e artigo 41

do R.D. 1211/1990

Artigo 143

da Lei 16/1987,

artigo 201

do R.D. 1211/1990

50.000 ptas.

PO-02080-O-2000

PO-5815-X

G.C. Tráfico

Quo Vadis S.C.

Urb. Vilaculler, 4B,7A

15189 Culleredo

A Coruña

Realizar transporte privado complementario de mercadorías sen acredita-lo conductor a relación laboral coa empresa titular da autorización. Transporta instrumentos musicais cun peso de 400 kg aproximadamente. Servicio privado complementario.

10-8-2000; 11; N-525; 307

Artigo 102.3º

da Lei 16/1987

e artigo 157

do R.D. 1211/1990

Artigo 143

da Lei 16/1987,

artigo 201

do R.D. 1211/1990

250.000 ptas.

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

PO-02197-O-2000

PO-7473-W

Servicio Fiscal

Patrulla de Puertos y Costas Marín

María Paula Núñez Lens

Avenida Ourense, 34-3º B

36900 Marín

Pontevedra

Circular con mercadoría perecedoira (20 kg de xurel), carecendo do certificado de autorización para o transporte de mercadorías perecedoiras (vehículo non isotermo).

25-8-2000; 5.15

Artigo 7 do Real decreto 237/2000, do 18 de febreiro, sobre transporte de productos alimentarios a temperatura regulada (BOE nº 65, do 16 de marzo)Artigo 143

da Lei 16/1987,

artigo 201

do R.D. 1211/1990

25.000 ptas.

PO-02602-O-2000

PO-8354-AW

G.C. Tráfico

Manuel Victorio Durán Pérez, S.L.

2 A. Travesía Dr. Corbal, 22

36206 Vigo

Pontevedra

Circular transportando 1.481 kg de friame, carecendo do certificado de autorización para os vehículos que transportan mercadorías perecedoiras. Carece de tarxeta de transportes. Servicio público.

17-10-2000; 7.50; N-120; 667

Artículo 7 do Real decreto 237/2000, do 18 de febreiro, sobre transporte de productos alimentarios a temperatura regulada (BOE nº 65, do 16 de marzo). Artigo 90 da Lei 16/1987 e artigo 41 do R.D. 1211/1990.Artigo 143

da Lei 16/1987,

artigo 201

do R.D. 1211/1990

100.000 ptas.