Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2001 Páx. 3.920

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CARBALLIÑO

ANUNCIO.

Aprobada inicialmente polo Concello Pleno a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal no entorno da Veracruz, redactada polo arquitecto municipal Sergio Mascareñas Nogueiras, en sesión que tivo lugar o 6 de marzo de 2001, sométese o dito expediente a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá examinarse o dito expediente na secretaría do concello e formula-las reclamacións e alegacións que se consideren pertinentes (artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia).

Simultaneamente, e ó abeiro do artigo 34.2º do citado texto legal, comunícase que as áreas do termo municipal afectadas polo documento de aprobación inicial, o se teren modificado as determinacións do réxime urbanístico, quedan afectadas pola suspensión de licencias de parcelación de terreos, edificacións e demolicións a que se refire o artigo 34.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e que son:

-Triángulo formado pola recta A-B, a aliñación da rúa Florentino López Cuevillas e a aliñación prevista da futura rúa Antonio Palacios; o punto A está na esquina da edificación nº 5 da rúa Antonio Palacios, e o punto B na intersección da aliñación oeste da rúa Florentino López Cuevillas, co límite lateral dereito da propiedade sinalada coa referencia catastral 62.84.1.21. Descóntase deste triángulo o trazado da futura prolongación da rúa Adolfo Otero Landeiro. Superficies parciais: 64 e 342 metros cadrados.

-Polígono irregular formado polas aliñacións das rúas Evaristo Vaamonde, futura rúa Antonio Palacios e Florentino López Cuevillas, e o límite das propiedades de referencia catastral 62.84.1.31 e 62.84.1.22 e a rampla existente de acceso a garaxes da rúa Florentino López Cuevillas. Superficie par

cial: 1.098 metros cadrados. Superficie total afectada: 1.504 metros cadrados.

O Carballiño, 20 de marzo de 2001.

Manuel Vázquez Fernández

Alcalde