Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2001 Páx. 3.892

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2001 do convenio colectivo do sector da construcción e obras públicas da provincia da Coruña.

Visto o texto da revisión salarial para o ano 2001 do convenio colectivo do sector da construcción da provincia da Coruña (código convenio 1500395), que tivo entrada nesta delegación provincial con data do 1 de febreiro de 2001, subscrito pola comisión paritaria do convenio colectivo integrada en representación da parte económica por APECCO e da parte social por UGT e CC.OO. o día 31-1-2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autó

noma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de febreiro de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

Acta número 2 ano 2001

Convenio construcción provincia da Coruña

Comisión paritaria:

Asistentes:-Por APECCO:

Silviano Pizarro Gómez.

Benigno López Bueno.

Antonio Fernández Durán.

Antonio Fernández Chao (asesor).

Miguel García Eiroa (secretario).

Por UGT:

Celestino Pérez Vázquez.

Pedro Marcote Álvarez.

Por CC.OO:

Santiago Huertas Pozurama.

Emilio Pérez Lage.

Argimiro González Pérez.

Na cidade da Coruña, o 31 de xaneiro de 2001, sendo as 17 horas, reúnense nos locais de APECCO, os señores que arriba se relacionan, membros da comisión paritaria para revisar e actualizar (segundo o artigo 6º) o convenio colectivo de construcción 1999-2001, asinado o 21 de xullo de 1999 (enmarcado dentro do Acordo sectorial nacional e do convenio xeral do sector da construcción-CGSC).

Aberta a sesión e logo dunha ampla deliberación, acórdase:

Primeiro.-Proceder á regularización das táboas do ano 2000 (ó 31 de decembro de 2000) de acordo co previsto no artigo 7º do vixente convenio modificado por acta da comisión paritaria do 11-9-2000.

Segundo.-Aprobar por unanimidade as táboas salariais para o ano 2001 que se achegan á presente acta, e as seguintes modificacións do convenio 1999-2001:

Artigo 6º.-Incremento económico.

Para o ano 2001 aplicarase un incremento de 2,90% (IPC+0,90) sobre os conceptos de salario base, gratificacións extraordinarias, retribución de vacacións e complementos salariais e extrasalariais.

Artigo 7º.-Cláusula de garantía salarial ano 2001.

No suposto de que o incremento anual do índice de prezos ó consumo (IPC) do 31 de decembro de

2001 supere o 2,5% efectuarase unha revisión económica sobre o exceso do dito tanto por cento, para efectos de que sirva de base para a negociación colectiva seguinte.

A dita revisión, se é o caso, afectará ós conceptos previstos no artigo 6º do presente convenio.

Artigo 19º.-Desgaste de ferramentas.

O persoal con dereito a percibir compensación económica por desgaste de ferramenta aboaráselle na contía mínima de 73 pesetas por día traballado para o ano 2001.

Artigo 24º.-Axudas por desprazamento.

O persoal con dereito a axudas de custo percibirá por día efectivo de traballo, as cantidades que se sinalan:

-Axuda de custo completa: 3.250 pesetas/diarias.

-Media axuda de custo: 1.260 pesetas/diarias.

Artigo 39º.-Xornada de traballo.

Establécese unha xornada laboral para o ano 2001 de 40 horas semanais de traballo efectivo, o que supón un cómputo anual de traballo efectivo de 1.756 horas, segundo o calendario laboral publicado no BOP número 8 con data 11 de xaneiro de 2001.

Así mesmo, facúltase a Miguel García Eiroa, secretario, para a presentación das táboas salariais e modificacións do convenio citado ante a Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, para efectos da súa homologación e posterior publicación no BOP no Diario Oficial de Galicia.

En proba de conformidade asínase a presente acta no lugar e data máis arriba indicados.

Rubricado

Táboa de retribucións ano 2001

Vixencia do 1-1-2001 ó 31-12-2001

NivelCategoríasSalarioComplemento (por día

efectivo de traballo)

GratificaciónsVacaciónsTotal

anual

Valor

hora

DíaMesAsistenciaDistancia e

transporte

XulloNadalextra

II Titulado superior6.966208.969907888282.090282.090282.0903.579.3162.392

IIITitulado medio, xefe admvo. 1ª, xefe secc. org. 1ª5.551166.536907722228.510228.510228.5102.911.7061.951

IVXefe de persoal, axte. de obra, encargado xeral de fábrica, encargado xeral5.308159.234907693219.256219.256219.2562.796.7591.878

VXefe administrativo de 2ª, delineante superior, encargado xeral de obra, xefes de sección de organización científica do traballo de 2ª, xefes de compras4.837145.102907638201.398201.398201.3982.574.2841.741

VIOfic. admvo. de 1ª, delineante de 1ª, xefe ou encargado de taller, encargado de sección de laboratorio, escultor de pedra e mármore, práctico de topografía de 1ª, técnico de organización, encargado de obra4.123123.679907555174.458174.458174.4582.237.7521.521

VIIDelineante de 2ª, técnico de organización de 2ª, práctico de topografía de 2ª, analista de 1ª, viaxante, especialista de oficio, capataz3.664109.934907551158.913158.913158.9132.026.6031.395

VIIIOficial admvo. 2ª, corredor de praza, inspector de control, sinalización e servicios, analista de 2ª, oficial de 1ª de oficio3.587107.605907540155.528155.528155.5281.988.1241.374

IXAuxiliar admvo., axte. topográfico, aux. organiz., vendedor, conserxe, oficial 2ª de oficio3.508105.244907530152.599152.599152.5991.950.6601.353

XAuxiliar de laboratorio, vixilante, almaceneiro, enfermeiro, cobrador, garda xuramentado, especialista de 1ª, axudante de oficio3.399907515147.722147.722147.7221.896.2331.322

XIEspecialista de 2ª, peón especial3.375907512146.948146.948146.9481.885.1311.322

XIILimpadora, peón ordinario3.307907503144.273144.273144.2731.852.1751.280

XIIIMozo dos recados e pinches de 16 a 18 anos2.736662408116.981116.981116.9811.503.994

As categorías que se indican, cunha antigüidade na empresa anterior ó 1-6-1992, rexeranse para efectos económicos polos seguintes niveis: nivel VII: oficial 2ª administrativo; nivel VIII: aux. técnico y administrativo; nivel IX: listeiro.

Para as categorías, os devengos das cales son mensuais, multiplícase por trinta días e os complementos de asistencia, transporte e distancia por 22 días.

A retribución do traballador en prácticas durante o primeiro ano de vixencia será do 60% e para o segundo ano do 75% desta táboa.