Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 27 de marzo de 2001 Páx. 3.842

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 19 de febreiro de 2001, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se inicia a tramitación do expediente 2/2001, de clasificación dun monte desta provincia.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común tramítase o expediente de clasificación do monte coas características que a seguir se indican:

Expediente número: 2/2001.

Denominación: monte San Roque e Cornao.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Ribasaltas.

Concello: Monforte de Lemos.

Superficie: 135 hectáreas.

Estremas:

Norte: monte da parroquia de Valverde. Leste: montes da parroquia da Parte. Sur: monte Cornao da parroquia de Reigada. Oeste: predios particulares da parroquia.

Descrición do perímetro: estes montes da parroquia de Ribasaltas dividen polo leste cos da parroquia de Valverde e da Parte segundo un cume da lomba de San Roque que divide augas con tales parroquias, baixando cara ó sur cos montes da Parte e atravesa-lo río Cabe e subir por unha valgada ata o Alto de Cornao, desde o que baixan cara ó suroeste por unha lomba dividindo con montes da parroquia de Reigada ata os predios particulares.

En virtude do acordado polo xurado na sesión que tivo lugar o día 14 de decembro de 2000 e, en cumprimento da orde do instructor, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989 e demais disposicións de apli

cación, por este edicto faise pública a iniciación para a posible clasificación do expediente indicado co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do regulamento aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da citada lei, cantas persoas, organismos e corporacións resulten interesadas poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

Lugo, 19 de febreiro de 2001.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo