Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 27 de marzo de 2001 Páx. 3.829

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (88/1998).

Eu, José Manuel Silvosa Tallón, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa, dou fe e testemuño de:

Que no xuízo de faltas nº 88/1998 acordouse emprazar a Gabriel Martín Gauthier, co fin de que no prazo de dez días formule por escrito e debidamente fundamentadas as alegacións que estime oportunas ó recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada en primeira instancia.

Fáiselle saber que se atopan os autos na secretaría deste xulgado, así como un xogo de copias, á súa disposición.

E para que conste e lle sirva de citación a Gabriel Martín Gauthier, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido o presente edicto en Arzúa o trece de febreiro de dous mil un.

O secretario

Rubricado