Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 27 de marzo de 2001 Páx. 3.829

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 2ª)

CÉDULA de notificación (4501/1992).

Eu, Isabel Freire Corzo, secretaria da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, certifico: que neste recurso contencioso-administrativo se dictou o seguinte:

«Que no recurso contencioso-administrativo nº 4501/1991 e 4633/1992 (acumulados), seguidos por instancia da Empresa Nacional de Celulosas, S.A., contra silencio administrativo por parte da Xefatura de Estradas de Pontevedra para os escritos do 11 de febreiro de 1991 e 27 de xaneiro de 1992, sobre reclamación de custos derivados das roturas do encanamento de abastecemento de auga en Galería Ronda Sur, dictouse providencia que di: «Dada conta; únase o exhorto remitido ós autos da súa razón; e visto o seu contido emprácese por medio do Diario Oficial de Galicia a CONINSA, na persoa que legalmente a represente por termo de nove días para que compareza nos autos, se o estima conveniente ós seus intereses, ante esa sala, comparecendo en forma mediante avogado e procurador ou valéndose tan só de avogado con poder para o efecto, coa prevención de que se non comparece dentro do prazo recaerá sobre ela o prexuízo a que houbese lugar en dereito».

E para que conste e a súa notificación a CONINSA, que ten como último enderezo coñecido Avenida de América, 16-1º dereita, Madrid, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula na Coruña o quince de febreiro de dous mil un.

A secretaria

Rubricado