Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 27 de marzo de 2001 Páx. 3.823

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2001 pola que se convocan unhas xornadas sobre mafias e delincuencia organizada.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 2001, conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a realización dunhas xornadas sobre mafias e delincuencia organizada, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

As xornadas teñen por obxectivos:

a) Dar un tratamento actual ó tema das mafias e redes criminais de distinta tipoloxía que operan a nivel internacional e que afectan a seguridade en España.

b) Que os membros das forzas e corpos de seguridade e outros colectivos interesados coñezan os medios, métodos e técnicas de actuación destas redes de delincuencia.

Destinatarios.

As xornadas van dirixidas ós membros dos corpos e forzas de seguridade e colectivos interesados.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertan é de 250.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestas xornadas deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 16 de abril de 2001, ás 14 horas.

3. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade, avenida da Cultura, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

As xornadas terán lugar durante os días 23 e 24 de abril de 2001.

O horario será en xornada de mañá (9.30 h-14 h) e tarde (16.30 h-20 h) o día 23, e en sesión de mañá o día 24.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 18 de abril de 2001 no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono: 986 59 00 21.

Lugar.

Salón de actos nº 1 da Consellería da Presidencia e Administración Pública; edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.

Certificado de participación.

Ó remate das xornadas entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento das xornadas para adaptalas ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 8 de marzo de 2001.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade