Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 27 de marzo de 2001 Páx. 3.818

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 21 de marzo de 2001 pola que se modifica a do 17 de xullo de 2000, de regulación da prestación ortoprotésica na Comunidade Autónoma de Galicia.

O 1 de novembro de 2000 entrou en vigor a orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, do 17 de xullo de 2000, de regulación da prestación ortoprotésica na Comunidade Autónoma de Galicia, que ten por obxecto a aprobación do Catálogo Xeral de Material Ortoprotésico. O referido catálogo contén os productos sanitarios suxeitos a financiamento polo Servicio Galego de Saúde ás persoas con dereito a cobertura sanitaria dentro do Sistema Sanitario de Saúde.

Por outra banda, mediante a aprobación do dito catálogo procédese á fixación para cada producto das contías máximas financiadas polo Servicio Galego de Saúde.

A dita orde recollía na disposición transitoria cuarta: «Mentres non se regulen na Comunidade Autónoma de Galicia as condicións e requisitos dos centros ou establecementos sanitarios que dispensan audífonos e os seus moldes adaptadores, quedan facultados para a súa dispensación os establecementos de óptica, establecementos de ortopedia e centros audiolóxicos que conten cos medios técnicos e persoal adecuado para o efecto».

Ademais, no Catálogo Xeral de Material Ortoprotésico que se aprobaba, figuraba no anexo V «Próteses especiais» códigos 06303025 e 06303030 respectivamente «Próteses de restauración de globo ocular» e «Próteses de restauración de globos oculares»; importe total e achega Sergas 21.000 ptas. e 42.000 ptas.

A necesidade desta modificación xorde unha vez advertida a imposibilidade que para os usuarios da prestación ortoprotésica comporta a obtención das ditas próteses cos importes reflectidos.

E en uso das facultades que me confiren os artigos 34.6º e 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo primeiro.-Modifícase a disposición transitoria cuarta da Orde do 17 de xullo de 2000, de regulación da prestación ortoprotésica na Comunidade Autónoma de Galicia, que queda redactada do seguinte modo: «Mentres non se regulen na Comunidade Autónoma de Galicia as condicións e os requisitos dos centros ou establecementos sanitarios que dispensan próteses restauradoras de globo ocular, audífonos e os seus moldes adaptadores, quedan facultados para a súa dispensación os establecementos de óptica, establecementos de ortopedia e centros

audiolóxicos que conten cos medios técnicos e persoal adecuado para o efecto.

Artigo segundo.-Modifícase o Catálogo Xeral de Material Ortoprotésico aprobado mediante orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 17 de xullo de 2000, no seu apartado anexo V «Próteses especiais» códigos 06303025 e 06303030, respectivamente, «Próteses reconstrucción de globo ocular» e «Próteses reconstrucción de globos oculares»; importe total e achega do Sergas 85.000 ptas. e 170.000 ptas.

Disposición derradeira

Esta orde terá efectividade desde o 1 de novembro de 2000, data de entrada en vigor da Orde de 17 de xullo de 2000.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2001.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais