En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato administrativo:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación. Servicio de Apoio á Investigación e Divulgación Científica.
2. Obxecto.
a) Descrición do obxecto: contratación do servicio de vixilancia do Cima: Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo, Centro de Experimentación en Acuicultura de Couso-Ribeira e Centro de Investigacións Mariñas de Vilanova de Arousa.
b) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Resolución do 30 de novembro de 2000 (DOG nº 238, do 11 de decembro.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente e anticipada de gastos.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación: catorce millóns cincocentas mil pesetas (14.500.000 pesetas, 87.146,76 euros).
5. Adxudicación.
a) Data: 24-1-2001.
b) Contratista: Serramar, S.L.
c) Importe de adxudicación: trece millóns cincocentas oitenta mil pesetas (13.580.000 ptas., 81.617,45 euros).
Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2001.
Amancio Landín Jaráiz
Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura