Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 26 de marzo de 2001 Páx. 3.802

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 13 de febreiro de 2001 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión dunha cetaria a favor de José Puñal Pais e outra.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión dunha cetaria de crustáceos, e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro.-Mediante escrito de data 30-5-1996, solicítase autorización para transmisión da concesión dunha cetaria de crustáceos.

Segundo.-Os informes, que constan no expediente de prórroga do permiso de actividade e da concesión administrativa foron emitidos en sentido favorable, e por consiguente outorgada a prórroga da vixencia en 17-1-2000.

Terceiro.-Así mesmo, o informe do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente, tamén é favorable.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999 de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común e na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia e, así mesmo, o Ministerio de Medio Ambiente, Dirección Xeral de Costas en 14-6-2000, autorizou a transferencia da concesión administrativa para a ocupación de terreos de dominio público marítimo-terrestre.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo servicio de recursos mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, tiven a ben dicta-la seguinte resolución:

Autoriza-la transmisión inter vivos, a favor de José Puñal Pais (DNI 33.208.287-J), da concesión administrativa do establecemento que se indica a continuación:

-Identificación:

Tipo: cetaria.

-Emprazamento:

Lugar do Ancoradoiro, Concello de Muros, Lat. 43º 45' 24'' Long. 9º 6' 42''

-Especies autorizadas:

Crustáceos.

-Título habilitante:

Orde outorgamento: 18-12-1972 (BOE nº 58, do 8-3-1973).

Remate da vixencia: 8-3-2003.

-Actual titular: Fernando Etchevers Portals (DNI 33.049.184-R) e Carmen López Louro (DNI 33.094.768).

-Adquirente: José Puñal Pais. (DNI 33.208.287-J) e Cándida Etchevers López (DNI 33.243.708-Z).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais.

Segundo.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen achega-la documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería

Terceira.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 13 de febreiro de 2001.

(P.D. 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña