Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2001 Páx. 3.761

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o día 19 de xaneiro de 2001, acordou aprobar inicialmente o proxecto de reparcelación do lugar Fonte do Fraile, sito en Canido, Malpica de Bergantiños, promovido por Carmen Regueira Negreira en representación dos herdeiros de Santiago Vidal Rodríguez, redactado polo arquitecto Alfredo Garrote Pazos. O citado proxecto exponse ó público polo prazo de 20 días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedando o expediente á diposición de todo aquel que queira examinalo.

O expediente poderase examinar na secretaría do concello de luns a venres, das nove ás catorce horas.

Malpica de Bergantiños, 13 de febreiro de 2001.

José Ramón Varela Rey

Alcalde