Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2001 Páx. 3.760

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-9/2000).

O Pleno do Concello, en sesión que tivo lugar o día 12 de febreiro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Estima-la alegación presentada pola Asociación de Veciños Castrillón-Urbanización Soto IAR, de maneira que o documento definitivo que se aproba emendou xa o volume, eliminándoo, que invadía o espacio público vulnerando a aliñación prevista polo PXOM. Desestima-la alegación presentada pola Comunidade de Propietarios do edificio da r/ Antonio Ríos nº 14 ó 22, con base no informe antes transcrito.

Segundo.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle polígono H9.04, documento presentado o día 26 de xaneiro de 2001 por Juan José Díaz Santamaría.

Terceiro.-Proceder á publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Cuarto.-Comunicarlle este acordo ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dando traslado do expediente administrativo e dous exemplares do documento en cumprimento do artigo 48.3º da LSG.

Quinto.-Notificar ós interesados neste estudio de detalle.

Sexto.-Contra este acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación no DOG, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da notificación, ou, noutro caso, o de seis meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

O que se publica para xeral coñecemento e efectos previstos neste acordo.

A Coruña, 14 de febreiro de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo