Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2001 Páx. 3.759

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2001, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se fai pública a resolución recaída no expediente sancionador de caza CO-2000/095.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo a citada resolución.

Contra a resolución que se publica caberá, de conformidade co disposto nos artigos 107.1º, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, a interposición do recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2001.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente

Natural

ANEXO

Procedemento sancionador de caza: Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.

Expediente número: CO-2000/095.

Denunciado: Jaime Iglesias Silva.

Último enderezo coñecido: Alón de Arriba, 15860 Santa Comba (A Coruña).

Contido da resolución:

Data: 28 de febreiro de 2001.

Feitos polos que foi denunciado: cazar nun couto privado sen licencia.

Tipificación da infracción: artigo 58.2º da Lei 4/1997.

Cualificación da infracción: grave.

Resolución: sanción con multa de 100.001 pesetas e retirada da licencia de caza e inhabilitación para obtela por un tempo dun ano e un día.