Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2001 Páx. 3.759

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se fai pública a iniciación do trámite de audiencia no expediente de reintegro das subvencións outorgadas á entidade Fomento de la Producción Forestal, S.L. nos expedientes AG-617-A-36-01 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo, a citada iniciación do trámite de audiencia para que no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ó da publicación, formule alegacións e presente os documentos e xustificantes que coide pertinentes. Prazo no que, así mesmo, poderá examina-lo expediente en horas de oficina.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2001.

Tomás Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente

Natural

ANEXO

Iniciación do trámite de audiencia

Expediente: de reintegro das subvencións outorgadas á entidade Fomento de la Producción Forestal, S.L. nos expedientes AG-617-A-36-01, AG-617-A-36-02 e AG-617-A-36-03.

Interesado: José Manuel Carballido García (Fomento de la Producción Forestal, S.L.).

Último enderezo coñecido: Calvo Sotelo, 12. Mondariz-Balneario (Pontevedra).