Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2001 Páx. 3.757

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Médicos Interinos del Complejo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (Ademi-Chus).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depo

sitados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Médicos Interinos del Complejo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela (Ademi-Chus), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación os facultativos hospitalarios que non teñan praza en propiedade no Sistema Nacional de Saúde e que traballen de forma continuada, máis dun ano, nos servicios hospitalarios do territorio de cobertura sanitaria do Servicio Galego de Saúde (Sergas).

Asinan a acta de constitución: Francisco Javier Vadillo Olmo e tres persoas máis.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais