Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2001 Páx. 3.757

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da asociación Selección y Mejora Genética (Semegén).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 9 de febreiro de 2001, certificación expedida polo secretario da devandita asociación, Manuel Domingo Fontela Ríos, avalada co visto e prace do presidente, Ramón Saavedra Mazariegos, na que se reflicte o acordo acadado na asemblea xeral extraordinaria do día 30 de xaneiro de 2001, relativo ó traslado do domicilio social da asociación, que se fixa na rúa Ramón y Cajal, 5 baixo, de Lugo.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais