Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2001 Páx. 3.743

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2001 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de programadores do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

De conformidade co disposto nas bases 6 e 7 da convocatoria das probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de programadores do CIXTEC, convocada por Resolución do 25 de maio de 2000 (DOG do 20 de xuño), elévase a definitiva a proposta do tribunal dos aspirantes que superaron o proceso selectivo da categoría de programadores, que figura no anexo da presente resolución.

Os aspirantes que constan no citado anexo deberán presentar, no prazo de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, no CIXTEC, a documentación á que se refire a base 7.1 da convocatoria.

Contra a presente resolución os interesados poderán interpoñer recurso de reposición potestativo no prazo dun mes a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ante o mesmo órgano que dicta o acto e ademais recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional contencioso-administrativo no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2001.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

ANEXO

Lista definitiva de aspirantes que superaron o proceso selectivo de persoal laboral fixo de programadores do CIXTEC:

Nome e apelidosDNINota

exer.

Nota

exer.

Nota

exer.

Nota

exer.

Total

Barreiro Novoa José43.048.9296,58,554,524,5

Martínez Basoa Roberto76.406.9996,17854,924,07

García Araújo Rafael José52.471.6207,336,54,854,923,58