Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 23 de marzo de 2001 Páx. 3.743

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2001 pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de analistas-programadores do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable.

De conformidade co disposto nas bases 6 e 7 da convocatoria das probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de analistas-programadores do CIXTEC, convocada por Resolución do 26 de maio de 2000 (DOG do 20 de xuño), elévase a definitiva a proposta do tribunal dos aspirantes que superaron o proceso selectivo da categoría de analistas-programadores, que figura no anexo da presente resolución.

Os aspirantes que constan no citado anexo deberán presentar, no prazo de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, no CIXTEC, a documentación á que se refire a base 7.1 da convocatoria.

Contra a presente resolución os interesados poderán interpoñer recurso de reposición potestativo no prazo dun mes a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ante o mesmo órgano que dicta o acto e ademais recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional contencioso-administrativo no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2001.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

ANEXO

Lista de aspirantes que superaron o proceso selectivo de persoal laboral fixo de analistas-programadores do CIXTEC:

Nome e apelidosDNINota

exer.

Nota

exer.

Nota

exer.

Nota

exer.

Total

Lois Bravo Marcos34.997.5348,258,734,854,8526,68

Yáñez García Cristobal Elías 32.661.5037,758,334,854,5525,48

Pensado Moure Javier Ángel 33.259.8987,757,334,94,724,68

Moratinos García Iván33.319.36768,64,754,8524,2

Taboada Penas Miguel32.830.1657,757,674,354,424,17

Portabales Dobaño Ricardo33.279.1486,6394,054,123,78