Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 22 de marzo de 2001 Páx. 3.700

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA-061

CONTRATACIÓN de servicio.

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 precisa contrata-lo servicio para a realización dunha enquisa de satisfacción dos usuarios.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, sita no Hospital Psiquiátrico de Conxo, praza Martín Herrera, nº 2-2ª planta, 15706 Santiago de Compostela, das 12 ás 14 horas, ata o 5 de abril de 2001 (incluído).

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas de Urxencias Sanitarias 061 de Galicia, das 12 ás 14 horas, desde o día 26 de marzo ata o 5 de abril de 2001 (incluídos), ou no teléfono 981 54 67 64.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2001.

Rosa Álvarez de Blas

Directora de Xestión e Servicios Xerais da

Fundación Pública Urxencias Sanitarias

de Galicia-061