Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 22 de marzo de 2001 Páx. 3.700

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación, por poxa aberta da execución das obras do proxecto de demolición do antigo cuartel de Barreiro en Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Montes, Parques e Xardíns, nº expediente: 13786/240.

2. Obxecto do contrato: descrición: execución das obras do proxecto de demolición do antigo cuartel de Barreiro en Vigo.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: 45 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: poxa.

4. Orzamento base: 35.281.611 pesetas.

5. Garantías: provisionais: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, pz. do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo C, subgrupo 1, categoría e.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira na forma prevista nos artigos 16 e 17 da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 26 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no DOG e no BOP.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 8 do prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 12 de marzo de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde