Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 22 de marzo de 2001 Páx. 3.698

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, na súa sesión extraordinaria urxente do día 8-3-2001, adoptou, por unanimidade de tódolos seus membros presentes (dezasete), o acordo que ten a seguinte parte dispositiva:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación do Concello do Porriño en Torneiros (Genentech España, S.L.) redactado por Arteplan, S.A. en decembro de 2000 e promovida por este concello, cos cambios habidos nas páxinas 28, 32, 33 e 49.

2. Abri-lo trámite de información pública, durante un mes, mediante anuncios que se publicarán no DOG, BOP e nun dos xornais de maior circulación na provincia.

3. Suspende-lo procedemento do outorgamento de licencias no ámbito da modificación puntual.

Durante o referido prazo dun mes, contado a partir do día da publicación do último dos anuncios a que se refire o número 2, o expediente queda de manifesto na secretaría deste concello para os efectos do seu exame e, se é o caso, presentación de alegacións.

O Porriño, 14 de marzo de 2001.

José Manuel Barros González

Alcalde