Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 22 de marzo de 2001 Páx. 3.698

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2001 pola que se modifica a clasificación empresarial requirida no anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia número 33, do 15 de febreiro de 2001.

A Comisión de Goberno, con data do 12 de marzo de 2001, resolvendo recurso de reposición, acordou modifica-la clasificación empresarial esixida para poder concorrer á licitación das obras de urbanización, canalización e pavimentación das rúas César Boente, Don Gonzalo e Ánimas, sendo a nova clasificación requirida a seguinte:

Clasificación do contratista: grupo K, subgrupo 7, categoría c. Grupo E, subgrupo 7, categoría b.

O novo prazo para a presentación de proposicións será de vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do precedente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 12 de marzo de 2001.

Raimundo González Carballo

Tenente de alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral