Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 22 de marzo de 2001 Páx. 3.692

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación do expediente sancionador en materia de pesca fluvial P-280/2000, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora deste procedemento a Paloma Quiroga López, e secretaria a Marta Joaquín Tersado, funcionarias desta delegación provincial, que poden ser recusadas en calquera momento da tramitación do expediente de concorre-los supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días (15), contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegaren, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados, que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, sita na Ronda da Muralla, nº 70-1ª planta.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobada polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Lugo, 12 de febreiro de 2001.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente nº: P-280/2000.

Denunciado: Antonio Expósito Sobrado

(DNI 76.618.553-X).

Último enderezo coñecido: c/ Benito Viceto, nº 1-3º A. Monforte de Lemos. Lugo.

Feitos imputados: non respecta-las prescricións especiais dictadas pola Consellería de Medio Ambiente, para determinados treitos ou masas de auga, ó practica-lo deporte da pesca nun tramo non autorizado para ciprínidos (encima da ponte da antiga estrada de Monforte de Lemos). Feitos constatados o día 10-9-2000, ás 13.40 h no río Miño-encoro dos Peares. San Sebastián de Ribas de Miño. O Saviñao. Lugo.

Precepto sancionador: 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial en Galicia.

Cualificación infracción: leve.

Sanción: 10.000 pesetas de multa.