Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 22 de marzo de 2001 Páx. 3.691

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación do expediente sancionador en materia de pesca fluvial P-260/2000, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora deste procedemento a Paloma Quiroga López e secretaria a Marta Joaquín Tersado, funcionarias desta delegación provincial, que poden ser recusadas en calquera momento da tramitación do expediente de concorreren os supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días (15), contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegaren, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados, que lle serán facilitados nesta delegación provincial de Lugo, sita na Ronda da Muralla, nº 70-1ª planta.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobada polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Lugo, 30 de xaneiro do 2001.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente nº: P-260/2000.

Denunciado: José Vázquez Tato

(DNI 34.133.654-K).

Último enderezo coñecido: c/ Luis de Hoyos Sainz, nº 26-3º D. Madrid.

Feitos imputados: practica-lo deporte da pesca fluvial en día inhábil (luns non festivo). Feitos constatados o día 21-8-2000, ás 17.05 h no río Miño-encoro dos Peares de Belesar. O Saviñao. Lugo.

Precepto sancionador: 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial en Galicia.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: 15.000 pesetas de multa.