Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 22 de marzo de 2001 Páx. 3.682

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle concede a autorización a E3C Cetift, S.L. como entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantedor nas especialidades de calefacción, auga quente sanitaria e climatización.

Vista a solicitude presentada por José Ramón Perina Edreira en representación de E3C Cetift, S.L. e a documentación anexa, na que se solicita que lle sexa concedida a autorización como entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantedor de instalacións de calefacción, auga quente sanitaria e climatización.

Visto o Regulamento de instalacións térmicas nos edificios (RITE) e a súa instrucción técnica complementaria ITE-11 cos seus apéndices, aprobado por R.D. 1751/1998, do 31 de xullo (BOE do 5 de agosto), pola que se establecen as especialidades dos carnés profesionais de instalador e mantenedor de instalacións de calefacción, auga quente sanitaria e climatización e se fixa o número mínimo de horas para desenvolve-los programas dos cursos teóricos e de coñecementos específicos para a obtención dos mesmos.

Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos.

A Dirección Xeral de Industria

RESOLVE:

Concederlle a E3C Cetift, S.L. a autorización como entidade recoñecida para imparti-los cursos teórico-prácticos para a obtención dos carnés profesionais de instalador e mantedor de instalacións de calefacción, auga quente sanitaria e climatización, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

A duración dos cursos en número de horas axustarase ó disposto na ITE-11 do R.D. 1751/1998, do 31 de xullo.

Para imparti-los cursos, deberase comunicar á Dirección Xeral de Industria e á Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da provincia correspondente o programa, profesorado, lugar, horario e exames, co fin de realiza-lo control correspondente.

Esta autorización deberase renovar ós dous anos, para o que deberá acreditar ante esta dirección xeral o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria