Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 22 de marzo de 2001 Páx. 3.682

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/114-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Vegón Supermercados, S.A.

Domicilio social: Gambrinus, 11, pol. industrial A Grela, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., supermercado Consum, r/ San Rosendo, 33.

Situación: Ourense.

Descricións técnicas: centro de transformación tipo cliente, con trafo de 400 kVA R/T 20.000/380-220 V, situado no baixo nº 33 da r/ San Rosendo. A liña de alimentación construiraa Unión Fenosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 17 de xaneiro de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense