Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 22 de marzo de 2001 Páx. 3.679

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a modificación concesional (ampliación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada Lugo-San Martiño de Corvelle, con anexos: V-3061; XG-346.

A Dirección Xeral de Transportes, con data 8 de xaneiro de 2001, resolveu autorizar na concesión V-3061; XG-346, Lugo-San Martiño de Corvelle, con

anexos, da titularidade da empresa Vigo Álvarez, S.L., a seguinte modificación concesional:

Itinerarios novos que se autorizan.

* Igrexa Carballido, Chao, San Roque, Ego, Abelairas, Igrexa S. Román, cruzamento Porto, Valiño, Cancelas, Santa Comba, Chouzana e Vilalba.

* Cruzamento O Porto e Seivane.

Prohibicións de tráfico.

* De Vilalba para Lugo e viceversa.

Expedicións e calendario.

San Martiño de Corvelle-Vilalba.

* Unha expedición de ida e volta de luns a venres lectivos.

* Unha expedición de ida e volta os venres laborables en período non lectivo.

Outras condicións.

Manteranse as mesmas que ten autorizadas a concesión V-3061; XG-346.

Contra a citada resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, ou calquera outro recurso que en dereito estime oportuno.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2001.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transporte