Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 22 de marzo de 2001 Páx. 3.677

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7053; XG-427, A Graña-Neda, con anexos, por substitución e unificación das concesións V-2068; XG-173, Porto-Neda, con anexos, e V-2492; XG-243, Caranza-Ferrol, con anexos.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data 17 de xaneiro de 2001, resolveu outorgar, con carácter definitivo, á empresa Tranvías del Ferrol S.A., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7053; XG-427, A Graña-Neda, con anexos, por substitución e unificación das concesións V-2068; XG-173, Porto-Neda, con anexos, e V-2492; XG-243, Caranza-Ferrol,

con anexos, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

Itinerarios e puntos de parada.

-A Graña, A Cabana, Feira de Mostras, Casa do Mar, porto, Costa de Mella, mercado, San Xulián, Correos, praza Callao, praza España, O Pilar, Faxardo, Castelos, Ponte das Cabras, cruzamento Santa Cecilia, Ferrolana, Freixeiro, Ponto, Concello Narón, Ponte Xubia, Portazgo, Concello Neda e Neda.

-Praza España, avda. Vigo/avda. Esteiro, Correos 2, San Xulián 2, mercado 2 e Costa de Mella.

-Concello de Narón, Xubia de Narón, Gándara de Narón, Revolta, San Xulián de Narón e Pena de Embade.

-Castelos, rotonda Gándara, A Gándara e A Faísca.

-Cruzamento Santa Cecilia, Santa Cecilia, A Pallota, As Columnas e residencia Arquitecto Marcide.

-O Pilar, Viúvas de Bazán, Juan de Austria, avda. Castelao, Hospital Xeral e Caranza.

-Ponte das Cabras, rotonda Gándara, Alcampo, polígono Gándara e Caranza.

-Praza España, Españoleto 1, Españoleto 2, Porta de Caranza, Viúvas de Bazán e Juan de Austria.

-Praza España, Garda Civil, praza Canido e Cruceiro de Canizo.

Expedicións.

* Porto-San Xulián-praza España-Ponte das Cabras-cruzamento Santa Cecilia-Freixeiro-Concello Narón-Concello Neda-Neda (12,6 km).

Corenta e seis expedicións de ida de luns a vernes laborables.

Trinta e seis expedicións de ida os sábados laborables.

Vintetrés expedicións de ida os domingos e festivos.

* Neda-Concello de Neda-Concello Narón-Freixeiro-cruzamento Santa Cecilia-Ponte das Cabras-praza España-San Xulián 2-porto (13,3 km).

Corenta e seis expedicións de ida de luns a venres laborables.

Trinta e seis expedicións de ida os sábados laborables.

Vintetrés expedicións de ida os domingos e festivos.

* Porto-San Xulián-praza España-Ponte das Cabras-cruzamento Santa Cecilia-Freixeiro-Concello Narón-Revolta-Pena de Embade (12,5 km).

Unha expedición de ida de luns a venres laborables.

* Pena de Embade-Revolta-Concello Narón-Freixeiro-cruzamento Santa Cecilia-Ponte das Cabras-praza España-San Xulián 2-porto (13,2 km).

Unha expedición de ida de luns a venres laborables.

Correos-praza Callao-praza España-Ponte das Cabras-cruzamento Santa Cecilia-A Pallota-residencia Arquitecto Marcide (6,1 km).

Trinta e unha expedicións de ida de luns a venres laborables.

Vintetrés expedicións de ida os sábados laborables.

Quince expedicións de ida os domingos e festivos.

* Residencia Arquitecto Marcide-A Pallota-cruzamento Santa Cecilia-Ponte das Cabras-praza España-avda. Vigo/avda. Esteiro-Correos 2 (8,8 km).

Trinta e dúas expedicións de ida de luns a venres laborables.

Vintetrés expedicións de ida os sábados laborables.

Quince expedicións de ida os domingos e festivos.

* Correos-praza Callao-praza España-Ponte das Cabras-A Gándara-A Faísca (6,6 km).

Oito expedicións de ida de luns a venres laborables.

Oito expedicións de ida os sábados laborables.

Catro expedicións de ida os domingos e festivos.

* A Faísca-A Gándara-Ponte das Cabras-praza España-avda. Vigo/avda. Esteiro-Correos 2 (8,1 km).

Oito expedicións de ida de luns a venres laborables.

Oito expedicións de ida os sábados laborables.

Catro expedicións de ida os domingos e festivos.

* Cruceiro Canido-praza España-San Xulián 2-Feira Mostras-A Graña (4,9 km).

Quince expedicións de ida de luns a venres laborables.

Oito expedicións de ida os sábados laborables.

Catro expedicións de ida os domingos e festivos.

* A Graña-Feira Mostras-San Xulián-praza España-Cruceiro Canido (8,3 km).

Quince expedicións de ida de luns a venres laborables.

Oito expedicións de ida os sábados laborables.

Catro expedicións de ida os domingos e festivos.

* Correos-praza España-O Pilar-vivendas Bazán-Caranza (4,4 km).

Sesenta e dúas expedicións de ida de luns a venres laborables.

Trinta e unha expedicións de ida os sábados laborables.

Vintecinco expedicións de ida os domingos e festivos.

* Caranza-vivendas Bazán-O Pilar-praza España-Correos 2 (6,2 km).

Sesenta e dúas expedicións de ida de luns a venres laborables.

Trinta e unha expedicións de ida os sábados laborables.

Vintecinco expedicións de ida os domingos e festivos.

* Correos-Españoleto-porta Caranza-Hospital xeral (5,9 km).

Dezaseis expedicións de ida de luns a venres laborables.

Oito expedicións de ida os sábados laborables.

* Hospital Xeral-Caranza-Españoleto-Correos 2 (6, 4 km).

Dezaseis expedicións de ida de luns a venres laborables.

Oito expedicións de ida os sábados laborables.

Tarifas.

Tarifa aplicable:

Tarifa partícipe por viajero/km: 15,3754 pesetas.

Tarifa usuario: 16,4516 pesetas.

Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 2,3063 pesetas.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados, ámbolos dous prazos, a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2001.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes