Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 22 de marzo de 2001 Páx. 3.671

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Sertosa Norte, S.L.

Visto o acordo da revisión do convenio colectivo para a empresa Sertosa Norte, S.L. (código 2700701), a provincia de Lugo, asinado o día 26 de xaneiro de 2001, pola representación da mentada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90 puntos 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da revisión do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto da revisión do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 31 xaneiro de 2001.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

Reunidas en San Cibrao-Cervo, o 26 de xaneiro de 2001, as partes asinantes do convenio colectivo (código 2700701), pola parte social o delegado de persoal, Agustín Bellas Vázquez e Jaime Lorenzo Vale (asesor CIG), pola empresa, Ricardo I. Lorenzo Vilbazo e Javier Zapatero Manguillot.

Acordan:

Unha vez publicado o índice de prezos ó consumo (IPC) do ano 2000, acórdase actualiza-las retribucións percibidas polo persoal incluído no ámbito deste convenio, tal e como se prevé no seu artigo 3, resultando as seguintes contías para os distintos conceptos.

1. O concepto previsto no artigo 15 (complemento 3º remolcador) queda establecido nas seguintes cantidades, tal e como tamén figura no anexo II:

-161.355 pesetas ó mes, para os catro mecánicos: 40.339 pesetas ó mes para cada mecánico.

-143.140 pesetas ó mes, para os mecamares: 28.628 pesetas ó mes para cada mecamar.

2. O concepto de axuda por fillos minusválidos físicos e/ou psíquicos, previsto no artigo 17, queda establecido en 7.254 pesetas ó mes.

3. O concepto denominado perda de equipaxe, que se recolle no artigo 27, queda establecido na contía recollida no anexo III.

4. As cantidades recollidas no anexo II quedan establecidas como segue:

ANEXO II

Táboa salarial da empresa Sertosa para o seu centro de traballo Alúmina-Aluminio, San Cibrao, para 2001

ConceptosMecánicoMecamar

Salario base/mes228.127180.432

H. P./mes35.64128.607

Plus 3º remolc.40.33928.628

Mant./mes23.23423.234

Total mes (*)327.341260.901

P. extra xullo (*)327.341260.901

P. extra dec. (*)327.341260.901

ConceptosMecánicoMecamar

Total ano (*)4.582.7743.652.614

(*) Nestas cantidades non figura o complemento ad personam.

Complemento ad personam para o ano 2001

TripulantesCompl. ad personam/mes

Ramón Alonso González56.373

Benigno Rapa García77.477

Constantino Val Pérez76.906

Agustín Bellas Vázquez49.194

José Domínguez Piqueras48.644

Jesús García Insua44.522

Julio Iglesias Insua44.522

Ricardo López Basanta49.744

Benigno Pernas García28.178

Antonio Quelle Seijas49.744

Retribucións por saídas ó mar (viaxes de máis de 12 horas)

Categorías012345678910

Máquinas

Mec. naval maior

10.99211.28611.57111.86812.14812.44712.74113.02812.32313.60913.903

Subalternos

Mecamar

9.85810.11510.38410.65110.91011.17611.43411.70211.96912.22712.495

Observación.-En viaxes de menos de 12 horas, cobraríase a metade do detallado.

ANEXO III

Traballos especiais

Secado e pintado de cadeas (completo)14.371

Secado e pintado de tanques de lastre14.371

Encalichado de tanques14.371

Picado e pintado de sentinas de máquina14.371

Limpeza do cárter do motor principal14.371

S. horaH. extra

Mecánico1.8963.321

Mecamar1.3882.429

Por fillo minusválido7.254 ptas.

Perda da equipaxeNo mar178.480 ptas.

No porto 71.392 ptas.

SegurosMorte de accidente3.000.000

Invalidez permanente3.000.000

Morte ou invalidez (c. común)3.000.000