Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 21 de marzo de 2001 Páx. 3.652

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (15/1997).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria, con data 1 de marzo de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do subpolígono 7B do SU-3 de Ourense, condicionado ó cumprimento na execución das obras ás condicións impostas polos servicios técnicos municipais nos seus informes do 15-6-2000, 15-1-2001 e 19-1-2001.

a) A presentación do estudio de seguridade e saúde antes da aprobación definitiva do proxecto de urbanización.

b) A consignación dunha garantía de 180.993.324 ptas. antes do comezo das obras para responder da execución delas.

c) O cumprimento na execución das obras ás condicións impostas polos servicios técnicos municipais nos seus informes do 15-6-2000, 5-1-2001 e 19-1-2001.

2. Continua-lo procedemento establecido na Lei 1/1997, do solo de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo dun mes que empezará a contar a partir do día seguinte á última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 12 de marzo de 2001.

José Luis Rodríguez Cid

Alcalde acctal.