Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 21 de marzo de 2001 Páx. 3.651

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

Detectado erro na clasificación requirida para a execución da obra que a seguir se cita, e de conformidade co Decreto da alcaldía nº 1067/2001, do 2 de marzo, procédese a darlle nova publicidade a esta licitación:

O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso con procedemento aberto, a execución da obra seguinte:

Obxecto: rehabilitación da vivenda do fareiro de Mera e do seu contorno para destinala a centro de interpretación do litoral da costa de Dexo-Serantes.

Orzamento de licitación: 21.026.740 ptas. (co IVE).

Clasificación: grupo C, subgrupo 4, categoría c. Grupo C, subgrupo 9, categoría c.

Fianzas:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Prazo de execución: cinco meses.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de vinteseis días (26) naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación, xa sexa no BOP ou no DOG; ata as 13 horas.

Prego de condicións: poderá recollerse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.

Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Oleiros, 8 de mazo de 2001.

Esther Pita Pita

Alcaldesa