Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 21 de marzo de 2001 Páx. 3.632

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 9 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, da solicitude do permiso de investigación Caeiro, 7017.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, fai saber que Granitos Xesteiras, S.L., con domicilio na rúa Fontenlo 38, Couso, A Estrada (Pontevedra), presentou nesta delegación provincial o día 19 de novembro do 1998, instancia-solicitude do permiso de investigación Caeiro, de 9 cuadrículas mineiras para os recursos de granito ornamental e sección C, nos termos municipais de Padrón, correspondéndolle o nº 7017 da provincia da Coruña.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticesLonxitudeLatitude

1-8º37'20''42º45'00''

2-8º36'20''42º45'00''

3-8º36'20''42º44'00''

4-8º37'20''42º44'00''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere interesado interpoña reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial, pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

A Coruña, 9 de febreiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña