Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 21 de marzo de 2001 Páx. 3.632

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o outorgamento do permiso de investigación denominado Penidos 2886.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que por resolución de data 18-1-2001, otorgouse a José Carlos Costas Barreiro o permiso de investigación nomeado Penidos nº 2886 dunha cuadrícula mineira para recursos de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Gondomar e O Porriño, da provincia de Pontevedra, sendo as súas coordenadas xeográficas as seguintes.

VérticesLonxitudeLatitude

1-8º41'40''42º07'00''

2-8º41'20''42º07'00''

3-8º41'20''42º06'40''

4-8º41'40''42º06'40''

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 16 de febreiro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra