Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 21 de marzo de 2001 Páx. 3.604

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da adhesión da empresa Progando, S.L. ó convenio colectivo da empresa Leyma, Alimentos de Galicia, S.A.

Visto o texto da acta de adhesión asinada o día 3 de xaneiro de 2001 pola representación empresarial e social da empresa Progando, S.L. (código nº 1503802), que tivo entrada nesta delegación provincial con data 19-1-2001, na que se acorda a adhesión ó convenio colectivo de ámbito interprovincial da empresa Leyma, Alimentos de Galicia, S.A. (código nº 8200342), subscrito con data do 1 de marzo de 2000 e publicado no DOG nº 111 do 8 de xuño que por economía procedemental non procede publicar coa presente resolución por ser de xeral coñecemento e de conformidade co disposto no artigo 92.1º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta

delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2001.

P.S. (Decreto 161/2000, do 29 de xuño)

María Silva Costoya

Secretaria provincial da Coruña

En Arteixo, A Coruña, 3 de xaneiro de 2001.

Reunidos, dunha parte José Turnes Paredes, na súa condición de director xeral de Progando, S.L. e doutra Juan Antonio Orgueira Mosquera, Jesús A. Pardo Lodeiro e Francisco Guitián Longueira, na súa condición de delegados do persoal da empresa Progando, S.L.

ACORDAN:

Primeiro.-Que reunidos os requisitos de lexitimación que o Estatuto dos traballadores esixe para negociar efectivamente, deciden adherirse á totalidade do convenio colectivo estatutario da empresa Leyma, Alimentos de Galicia, S.A., negociado para os anos 1999, 2000 e 2001, o pasado día 2 do mes de xaneiro, todo iso de acordo co disposto no artigo 92.1º do Estatuto dos traballadores.

Segundo.-Como é obvio, para efectos retributivos aplicaranse os incrementos de 2000, data da sinatura deste acordo.

Terceiro.-Comunicar este acordo á autoridade laboral para efectos do seu rexistro, depósito e publicación.

Juan Antonio Orgueira Mosquera

Jesús A. Pardo Lodeiro

Francisco Guitián Longueira

José Turnes Paredes