Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 21 de marzo de 2001 Páx. 3.603

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2001 do convenio colectivo do sector de limpeza de edificios e locais da provincia da Coruña.

Visto o texto da revisión salarial para o ano 2001 do convenio colectivo do sector de limpeza de edificios e locais da provincia da Coruña (código convenio nº 1500945), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 22-1-2001, subscrito en representación da parte económica pola Asociación de Empresarios de Limpieza de Edificios y Locales de la Provincia de A Coruña y de la parte social por CIG, UGT e CC.OO. o día 19-1-2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2001.

María Silva Costoya

P.S. (Decreto 161/2000, do 29 de xuño)

Secretaria provincial da Coruña

Acta da reunión da comisión paritaria do convenio colectivo da limpeza de edificios e locais

da provincia da Coruña

Na Coruña, nos locais da Confederación de Empresarios, sendo as 12 horas do día 19 de xaneiro de 2001, reúnense en representación da parte empresarial, Jesús Gómez Vázquez, Arsenio Mezquiriz Andrade, Ubaldo Pérez Rodríguez, Ramón Salgado Fuentes e J. Félix Valderrey de la Huerga, e en representación da parte social, Alfredo Santomil García (CIG), Luis Soto Sabio (CIG), Mª Carmen Brea Iglesias (UGT) e Victoria Pumar Carrón

(CC.OO.), todos/todas eles/elas como membros da comisión paritaria do convenio colectivo provincial da Coruña para as empresas de limpeza de edificios e locais, regulada no artigo 6º do citado convenio.

O obxectivo desta xunta é o de proceder á revisión salarial para o ano 2001.

Inicialmente procédese a realiza-la revisión salarial que establece o artigo 28º polo exceso do IPC de 2000. As táboas salariais resultantes servirán de base para a confección das táboas salariais para o 2001.

A continuación aplícase a suba salarial para o ano 2001 de acordo co establecido nos artigos 17º, 19º e 20º. A táboa salarial resultante é a que figura como anexo I desta acta.

O complemento de antigüidade consolidada daqueles traballadores/as que o tiveran recoñecido, de acordo co establecido no artigo 18º, será revisado no 2,5% para o ano 2001.

O importe mínimo das axudas de custo establecidas no artigo 26º, para o ano 2001, quedarán do seguinte xeito:

-Cando se teña que comer e pernoitar fóra da casa: 5.785 pesetas.

-Cando se realicen as dúas comidas principais fóra do domicilio: 3.471 pesetas.

-Cando se realice unha soa comida: 1.943 pesetas.

O salario mínimo de convenio, para o ano 2001, será de 1.703.514 pesetas.

Facúltase a Luis Soto Sabio, para que proceda a realiza-los trámites oportunos diante da delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para o rexistro e posterior publicación da presente acta.

Sen máis asuntos que tratar dáse por rematada a reunión sendo as 13.30 horas do día do encabezamento, asinando tódolos presentes en proba de acordo e conformidade.

ANEXO I

Salarios base 2001

PesetasEuros

MensualAnualMensualAnual

Administrativos
Xefe/a de primeira153.3212.299.815921,4813.822,17
Xefe/a de segunda147.5352.213.025886,7013.300,55
Caixeiro/a144.0432.160.645865,7212.985,74
Oficial de primeira138.8012.082.015834,2112.513,16
Oficial de segunda123.8111.857.165744,1211.161,79
Auxiliar113.3281.699.920681,1110.216,72
Telefonista110.1121.651.680661,799.926,80
Cobrador/a110.1121.651.680661,799.926,80
Mandos intemedios
Encargado/a xeral142.5992.138.985857,0412.855,56
Encargado/a de zona132.5071.987.605796,3811.945,75
Encargado/a de sector127.0821.906.230763,7811.456,67
Subalternos/as

PesetasEuros

MensualAnualMensualAnual

Ordenanza102.8551.542.825618,179.272,56
Almaceneiro/a100.9461.514.190606,709.100,47
Mozo/a de recados81.3861.220.790489,147.337,10
Persoal de limpeza
Encargado/a109.4601.641.900657,879.868,02
Responsable de equipo104.1861.562.790626,179.392,56
Especialista118.3211.774.815711,1210.666,85
Conductor/a-limpador/a123.9231.858.845744,7911.171,88
Peón especialista105.1761.577.640632,129.481,81
Peón102.5781.538.670616,519.247,59
Limpador/a102.5781.538.670616,519.247,59
Compl. de asistencia8.01196.13248,15577,76
Compl. de transporte5.72668.71234,41412,97