Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 20 de marzo de 2001 Páx. 3.572

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2001 pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras incluídas no proxecto de Casa de Cultura en Campañó.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación.

2. Obxecto:

a) Obxecto: execución das obras do proxecto.

b) Prazo: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, poxa.

4. Orzamento da licitación: 44.211.082 pesetas, incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica da obra.

5. Clasificación do contratista: grupo C, subgrupo 2, categoría b. Grupo C, subgrupo 4, categoría a. Grupo C, subgrupo 6, categoría a.

6. Garantías:

a) Provisional: 884.222 pesetas.

b) Definitiva: 4% da adxudicación.

7. Obtención de documentación e información:

a) Lugar: Servicio de Contratación do concello. Praza de España. Pontevedra, 36071. Telf./fax: 986 80 43 00/86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación: cláusula 12ª do prego.

c) Lugar: rexistro xeral do concello, das 9 ás 13 horas.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: vinte días.

9. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación o primeiro luns seguinte hábil ó do remate do prazo sinalado para a presentación das ofertas, ás 9 horas na sala de xuntas.

10. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes:

a) Os dos anuncios que xere a poxa e os seus actos preparatorios.

b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato, incluído o IVE.

c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa.

d) Os gastos de dirección técnica das obras.

Pontevedra, 8 de febreiro de 2001.

Raimundo González Carballo

Tenente alcalde delegado da área

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral