Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 20 de marzo de 2001 Páx. 3.571

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (456/2000).

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión ordinaria do día 2 de febreiro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

O Concello Pleno, por unanimidade, acordou:

1. Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación urbana de Ourense na

zona 3 do SU-28, redactado de oficio por este concello.

2. Somete-lo expediente ó período de información pública por un plazo mínimo dun mes, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia, no BOP e nun dos xornais de maior circulación na provincia e notificación persoal ós interesados no expediente.

O dito expediente atópase no Negociado de Planeamento e Xestión Urbanística, para que de conformidade co disposto no artigo 42 da Lei de Galicia 1/1997, do 24 de marzo, sometelo a exposición pública polo prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte á publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Ourense, 12 de febreiro de 2001.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente