1. Entidade adxudicadora.
1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.
1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato.
2.1. Descrición do obxecto: execución da obra de adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro de R.S.U. da Laracha (A Coruña).
2.2. Prazo de execución: tres (3) meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
3.1. Tramitación: ordinaria.
3.2. Procedemento: aberto.
3.3. Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: sesenta e catro millóns oitocentas oitenta e seis mil setecentas oitenta e unha (64.886.781) pesetas, IVE incluído (389.977,41 euros).
5. Fianza provisional.
2% do orzamento de licitación: un millón duascentas noventa e sete mil setecentas trinta e seis (1.297.736) pesetas (7.799,55 euros).
6. Fianza definitiva.
4% do orzamento de licitación: dous millóns cincocentas noventa e cinco mil catrocentas setenta e unha (2.595.471) pesetas (15.599,10 euros).
7. Clasificación: grupo A, subgrupo 2, categoría D.
8. Documentación e información.
8.1. Documentación.
Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta
contratación estarán ó dispor dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións na Copistería Copynino, sita na rúa Xeneral Pardiñas nº 2 de Santiago de Compostela (teléfono: 981 58 89 38) e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=218.
Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e estean interesados en concursaren nesta licitación, deberán enviar ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a seguir se relacionan:
-No epígrafe Asunto: nome do concurso.
-Nome da empresa.
-Nº de teléfono.
8.2. Información.
Teléfono: 981 54 17 49.
9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
9.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.
9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.
9.3. Lugar de presentación.
a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.
b) Domicilio: Rúa dos Basquiños nº 2.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) No suposto de que se participe en máis dun concurso de execución de obra de adecuación, selaxe e clausura dos vertedoiros de R.S.U. dos concellos da Estrada, A Laracha, Catoira ou Lalín, a documentación xeral contida no sobre A presentada para un deles producirá plenos efectos nos demais nos que se presenten proposicións, facendo constar expresamente como contido do sobre A, ademais da fianza provisional e clasificación, no caso de seren esixidas, referencia do concurso no que se presenta documentación xeral.
10. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.
b) Enderezo: Complexo Administrativo de San Caetano.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o décimo primeiro día natural contado desde o seguinte ó do termo de presentación das
proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.
e) Hora: ás 12 horas.
11. Gastos do anuncio: pola conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2001.
P.D. (Orde 12-1-1998)
José Luis Aboal García-Tuñón
Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente