Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 20 de marzo de 2001 Páx. 3.559

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, procedemento aberto, para a contratación da execución da obra de adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro de R.S.U. da Estrada (Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: execución da obra de adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro de R.S.U. da Estrada (Pontevedra).

2.2. Prazo de execución: tres (3) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: corenta e tres millóns seiscentas vinteseis mil cincocentas noventa e cinco pesetas (43.626.595), IVE incluído (262.201,12 euros).

5. Fianza provisional.

2% do orzamento de licitación: oitocentas setenta e dúas mil cincocentas trinta e dúas (872.532) pesetas (5.244,02 euros).

6. Fianza definitiva.

4% do orzamento de licitación: un millón setecentas corenta e cinco mil sesenta e catro (1.745.064) pesetas (10.488,04 euros).

7. Clasificación: grupo A, subgrupo 1 e 2, categoría E.

8. Documentación e información.

8.1. Documentación.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán ó dispor dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións na Copistería Copynino, sita na rúa Xeneral Pardiñas nº 2 de Santiago de Compostela (teléfono: 981 58 89 38) e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=217.

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e estean interesados en concursaren nesta licitación, deberán enviar ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a seguir se relacionan:

-No epígrafe Asunto: nome do concurso.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

8.2. Información.

Teléfono: 981 54 17 49.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

9.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9.3. Lugar de presentación.

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Domicilio: Rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) No suposto de que se participe en máis dun concurso de execución de obra de adecuación, selaxe e clausura dos vertedoiros de R.S.U. dos concellos da Estrada, A Laracha, Catoira ou Lalín, a documentación xeral contida no sobre A presentada para un deles producirá plenos efectos nos demais nos que se presenten proposicións, facendo constar expresamente como contido do sobre A, ademais da fianza provisional e clasificación, no caso de seren esixidas, referencia do concurso no que se presenta documentación xeral.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.

b) Enderezo: Complexo Administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo primeiro día natural contado desde o seguinte ó do termo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

11. Gastos do anuncio: pola conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2001.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente