De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non o efectuaren voluntariamente, dispoñen os interesados dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formularen cantas alegacións coiden pertinentes.
O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto) e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.
Lugo, 18 de xaneiro de 2001.
Luis González Vázquez
Delegado provincial de Lugo
ANEXO
-Expediente nº: P-203/2000.
Denunciado: Carlos Díaz Real.
DNI: 33.813.924.
Enderezo: r/ San Roque, nº 189. Lugo.
Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca fluvial con cana, con engado ou modalidade de pesca non autorizado (engado composto de tres plumas e boia lastrada no seu interior con chumbo, polo que o aparello descrito arrastraba polo fondo), infrinxindo o disposto no artigo 7 da Orde do 20 de xaneiro de 2000, pola que se fixan as normas xerais de pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia. Feitos constatados o día 28-6-2000, ás 17.40 h no río Miño-marxe esquerda-paraxe de Sta. Isabel. Outeiro de Rei. Lugo.
Precepto sancionador: 33.4º da Lei 7/1992, de pesca fluvial en Galicia.
Cualificación da infracción: leve.
Sanción: 10.000 pesetas de multa.