Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 20 de marzo de 2001 Páx. 3.553

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente P-185/2000, incoado por infracción da Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non o efectuaren voluntariamente, dispoñen os interesados dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formularen cantas alegacións coiden pertinentes.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto) e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Lugo, 18 de xaneiro de 2001.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

-Expediente nº: P-185/2000.

Denunciado: Fernando dos Santos Silva.

DNI: 34.941.888.

Enderezo: r/ Cementerio. Verín. Ourense.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca con cana sen estar en posesión da preceptiva licencia de pesca en vigor, nun tramo coutado sen estar en posesión do permiso regulamentario. Feitos constatados o día 11-6-2000, ás 17 h na marxe dereita do río Sardiñeira-zona do Muíño-couto Sardiñeira. O Saviñao. Lugo.

Precepto sancionador: 34.1º; 34.10º da Lei 7/1992, de pesca fluvial en Galicia.

Sanción: 75.000 pesetas de multa.

Cualificación da infracción: menos grave.

Inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade por un período dun ano.