Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2001 Páx. 3.403

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos no concurso L-01/2000, convocado pola Orde do 12 de decembro de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 243, do 18 de decembro).

Convocado o concurso L-01/2000 para a provisión de postos de traballo vacantes incluídos na oferta pública de persoal laboral que foi publicado no Diario Oficial de Galicia número 243, do 18 de decembro de 2000, e á vista da proposta realizada pola comisión de valoración de conformidade co establecido na base 7ª da convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as relacións provisionais dos solicitantes admitidos e excluídos no concurso L-01/00. Estas relacións atópanse expostas nas seguintes dependencias:

-Taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e na Dirección Xeral da Función Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Oficinas Comarcais da Xunta de Galicia.

-Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo.

Segundo.-Os aspirantes excluídos disporán de conformidade co disposto na base 7.1 da convocatoria, dun prazo de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación da resolución, para emendar, se é o caso, os defectos que motivaron a súa exclusión. As emendas ou alegacións deberán ser realizadas mediante escrito dirixido á Dirección Xeral da Función Pública, edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela.

Terceiro.-Os solicitantes que dentro do prazo sinalado no punto anterior non reparen os defectos que motivaron a exclusión serán definitivamente excluídos. Así mesmo, os solicitantes que non figuren na relación de admitidos e/ou excluídos disporán do mesmo prazo sinalado no punto segundo da presente resolución para presenta-lo escrito e/ou documentos xustificativos que consideren oportunos.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública